Desde a súa creación en 2004, o grupo de investigación dx5 digital & graphic art_research especializouse na gráfica contemporánea de campo expandido. Durante os primeiros anos e baixo un título, talvez demasiado xenérico, —”Aplicacións das novas tecnoloxías ao gravado e estampaxe con fins artísticos”— pero movidos pola idea multidisciplinaria da obra de arte gráfica nos nosos días, o noso traballo de investigación centrouse na procura e na achega de instrumentos e de estratexias novas neste campo, adaptando e optimizando sistemas e procesos contemporáneos de maquinarias industriais (como fotopolímeros, láseres, fresadoras ou plotters), que permitan definir contornas novas, solucionar inconsistencias herdadas de prácticas anteriores e afondar no que significa a obra de arte múltiple neste terceiro milenio.
Nos últimos anos, e coa incorporación de novas persoas investigadoras, pre e posdoutorais e persoal docente investigador (PDI), as nosas liñas e proxectos multiplicáronse, abríndonos a novos campos no universo da gráfica contemporánea, que abranguen temas tan dispares como a complexidade e a sostibilidade na arte e no deseño contemporáneos, a redefinición e a evolución do libro de artista como medio, soporte e idea creativa nunha contorna cada día máis dixital, ou as conexións do cómic e da animación con outras manifestacións artísticas do noso tempo. Interésanos o que acontece na fronteira. O campo expandido das distintas disciplinas que abren novos percorridos para chegar a novos territorios.

Liñas de investigación
Durante estes quince anos, unha tripla perspectiva —teórico-conceptual, artístico-práctica e científico-técnica—
articula e define todos os nosos proxectos e liñas de investigación arredor da gráfica contemporánea.
Práctica artística de campo expandido. Arte múltiple contemporánea.
Liña teórico-conceptual
• Reflexión conceptual e filosófica da obra de arte múltiple no século XXI. Complexidade e sostibilidade.
• Socioloxía do consumo da obra múltiple. Arte, empresa e comunicación.
• O concepto de seriación e as novas tecnoloxías.
• A matriz intanxible. O concepto de autoría no século XXI. Redes.
• Macrocosmos e microcosmos. Sistemas relacionais.
• Estratexias e aproximacións para un deseño consciente.
• Pintura de campo expandido. Transformacións, aperturas e rupturas na práctica pictórica do século XXI.
• A construción da identidade: xénero, tópicos e arquetipos.
Liña científico-técnica
• Aplicación das novas tecnoloxías industriais á arte contemporánea.
• Deseño, desenvolvemento e modificación de software e hardware con fins artísticos.
• Sistemas de sostibilidade aplicados á arte contemporánea.
• Sistemas non tóxicos de impresión: tecnoloxía de impresión piezoélectrica e estampa inxectada. Tecnoloxía láser aplicada á gráfica de arte contemporánea. Da pegada incisa ao gravado con luz; electricidade e xeración de imaxes.
• Gráficas interactivas para unha nova estampa dixital. Realidade aumentada.
• Interaccións entre pintura, tecnoloxía dixital e novos medios.
Liña artístico-práctica
• O espazo da gráfica contemporánea: teoría e praxe da gráfica dixital, input-output.
• A pegada do inmaterial. Relación entre o visible e o invisible.
• O espazo da serie: seriación e estampa. Repetición e transformación. Trasgredindo cuestións prácticas e formais da edición. A edición expandida.
• O espazo do libro: o libro de artista como proxecto artístico para a transmisión de pensamento.
• Hiperlibro. A páxina mutante. A páxina sensible. Historias e imaxes rizomáticas.
• O espazo do cómic: estudos transdisciplinarios de cómic (ETC).
• O espazo do deseño: produción de obra e investigación na fronteira. A modernidade e as súas marxes: interrelacións entre arte, deseño e moda.
• Estudos transdisciplinares téxtiles.
• Deseño consciente para o século xxi. Intervencións no deseño gráfico e editorial.
• O espazo da instalación: o múltiple que ocupa o espazo.
• O espazo da pintura: rupturas das convencións que sustentan a categoría de pintura.
• Espazos e modelos expositivos: o auxe do discurso curatorial e a súa influencia nas linguaxes artísticas do século xxi.
• El espacio de la identidad: Identidades no normativas.
Integrantes actuais
Almudena Fernández Fariña
Ana Soler Baena
Anne Heyvaert
Antía Iglesias
Carlos Fer
Elena Lapeña
José Andrés Santiago
Sara Piñeiro
marina nuñez
Susana Cendán
Tatiana Lameiro
Integrantes anteriores
Sara Coleman
Dennise Vaccarello
Nuria Bouzas Loureiro
Marco Moreira
Rebeca Lar