Fabiola Quintela (A Coruña, 1999), artista visual e investigadora predoutoral na Universidade de Vigo:

A través dunha aproximación experimental e contemporánea, a súa práctica sitúase nun punto de intersección desde o que explorar as posibilidades pictóricas da imaxe, a través de diversas técnicas e tecnoloxías de produción visual, establecendo un diálogo entre procesos analóxicos e dixitais.

A nivel temático, o seu traballo aborda cuestións relacionadas coa percepción e a relación coa paisaxe e a natureza, entendendo estas últimas non só como espazos físicos, senón tamén como territorios simbólico-poéticos desde os que construír imaxinarios propios e formas de identidade.

Desde unha metodoloxía aberta á experimentación, incorpóranse o azar, a deriva e a exploración intuitiva como ferramentas de creación, outorgándolle ao propio proceso un papel fundamental na construción conceptual da obra. O desenfoque, a degradación, o erro e a indeterminación deixan de entenderse como accidentes para converterse en recursos plásticos que amplían a capacidade expresiva da imaxe e a variedade de lecturas, involucrando a mirada e a reflexión activa do espectador.

O seu traballo foi presentado en diversas exposicións colectivas e festivais de cinema experimental.