Investigador posdoutoral, artista plástico visual e docente. Doutor en Belas Artes (Universidade de Vigo, 2010). Licenciado pola Especialidade de Pintura (Universidade de Vigo) e Premio Fin de Carreira (2004). Forma parte do grupo de investigación dx5 desde o ano 2005. Na actualidade dirixe a liña de investigación titulada «Estudos transdisciplinarios sobre cómic (ETC)» deste grupo de investigación; ademais, os seus estudos céntranse no cómic de campo expandido, o manga e o anime en España desde unha perspectiva teórica. Bolseiro do Japan Foundation’s Japanese Studies Program (2012) e investigador posdoutoral convidado na Escola de Estudos de Posgrao da Facultade de Manga (Kyoto Seika University, Xapón, 2014-2016). Membro da ACDCómic (Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic de España) desde a súa fundación e autor dos libros Manga. Del cuadro flotante a la viñeta japonesa (2010), A Ding in Japan (2008) (ambos publicados pola editorial Comanegra) e Japón para Otakus (Diábolo Edicións, 2018).

Con case un centenar de exposicións (tanto individuais coma colectivas) en galerías e en centros de arte, a súa obra está presente na nova escena artística española, e foi seleccionado e premiado en diversos certames nacionais e internacionais, entre os que se atopan o Festival Internacional da Imaxe (FINI) de México (2015, 2016); o Certamen de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (2009, 2011, 2013, 2017); a Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica Cidade de Cáceres (2011); ou o Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores de la Calcografía Nacional (2007, 2008, 2009, 2010), entre outros.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies