_on minded prints.
on prints minded
_ materia
_ especialidade
on minded prints. on prints minded.
"On Minded Prints" inscríbese na actividade editorial iniciada no ano 2004 polo grupo dx5 dixital & graphic art_research da Universidade de Vigo, dentro das liñas teórico-conceptuais. Trátase de darlles continuidade á metodoloxía defendida e á posta en práctica polo equipo de investigadores e investigadoras, artistas e docentes deste grupo de investigación.



_el concepto
"On Minded Prints" é, ante todo, un proxecto editorial con vocación comunicadora, didáctica e eminentemente divulgativa, que tenta aproximarse ao significado da obra gráfica, estudada dende o seu sentido máis amplo, en España durante os últimos anos do século xx e a primeira década do terceiro milenio. Trátase de trasladar, en definitiva, unha maneira de concibir a arte contemporánea dende o prisma e a nomenclatura da arte gráfica; unha arte que redefine, en moitos casos, as estratexias de comercialización e o concepto de autoría tradicionais.



