multiple[x]

_ disciplinas

Arte gráfica de campo expandido Interacción social
Xestión cultural
Imaxes técnicas
Estéticas da complexidade

_desenvolvemento e execución

2012-2014

multiple[x]
complexidade e sustentabilidade

"Multiple[x] Complixidade e Sustentabibilidade" é o resultado do proceso de evolución reflexiva e de maduración de pensamento desenvolvido nos últimos tres anos polo grupo de investigación dx5 dixital & graphic art_research da Universidade de Vigo. Neste período desenvolveuse un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, que profunda sobre dous conceptos que consideramos que se dan na arte contemporánea dunha maneira moi interesante e que teñen, desde o noso punto de vista, unha perspectiva de futuro importante.

_enfoque

A evolución foi transcendental e viaxou nos últimos anos do único-unitario, pasouse ao dicotómico, do dual ao múltiple, e do múltiple ao complexo (pensamento e produción). Habitamos desde sempre nun mundo complexo, e é desde a comprensión dese concepto de complexidade dunha maneira responsable onde acharemos, desde o noso punto de vista, a clave para a sustentabilidade futura do sistema.

A episteme baseada nos modelos simplificados de coñecemento, na nosa opinión, foi incapaz de resolver as inconsistencias e os paradoxos que constantemente se presentan a niveis tanto teóricos coma prácticos.

Reflexión, produción, mercado e consumo de arte múltiple desde a sustentabilidade

_TEMAS

Explóranse temas relacionados coa arte múltiple para o terceiro milenio desde a visión da complexidade e sustentabilidade:

Repensamos a complexidade como metodoloxía de investigación e produción na arte múltiple contemporánea.

O diálogo de arte e ciencia enfocado a esbozar un futuro máis sustentable.

A relación entre o produto e a sociedade.

O papel das prácticas colaborativas e a xestión cultural responsable.

A construción colectiva da experiencia achega percorridos máis ricos que tenden a ir aos poucos desterrando o mito da obxectividade xerarquizante como un modelo anticuado

A interacción da arte coa ciencia e outras disciplinas do coñecemento funciona como paradigma da disolución das fronteiras, actuando como un incentivador fundamental que nos sitúa nunha perspectiva multidisciplinaria para o maior avance de coñecemento

_CONCLUSION

Este proxecto deu lugar á publicación do libro "Multiple(x) Complejidad y Sostenibilidad,", que podemos entender como a suma de diferentes intervencións, pensamentos e reflexións dos distintos especialistas convidados a colaborar no proxecto, como José Ramón Alcalá, Daniel Canogar, David Varro, Denise Najmanovich, Nicolas Frespech, Guillermo Yañez, Boa Mistura, Richard Noyce, Silvi Boulaguer, Javier Tudela...

Para non organizar nin xerarquizar os diferentes pensamentos, a publicación realizouse a través dun sistema de cadernos separados, de xeito que o lector seleccione a súa orde de lectura segundo as súas preferencias.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies