Skip to content
DX5
DX5
  • Grupo
  • Investigación
  • Proxectos
  • libros
  • contacto
  • Español
  • English
Inicio / proxectos / multiplex
proxecto
multiple[x]

“Multiple[x] Complexidade e Sustentabilidade” é o resultado do proceso de evolución reflexiva e maduración de pensamento desenvolvido nos últimos tres anos polo grupo de investigación dx5 dixital & graphic art_research da Universidade de Vigo. Neste período desenvolveuse un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, que profunda sobre dous conceptos que consideramos que se dan na arte contemporánea dunha maneira moi interesante e que teñen, desde o noso punto de vista, unha perspectiva de futuro importante. Os conceptos son COMPLEXIDADE Y SUSTENTABILIDADE. Cremos que a evolución foi transcendental e viaxou nos últimos anos do único-unitario, pasouse ao dicotómico, do dual ao múltiple, e do múltiple ao complexo (pensamento e produción). Habitamos desde sempre nun mundo complexo, e é desde a comprensión dese concepto de complexidade dunha maneira responsable onde acharemos, desde o noso punto de vista, a clave para a sustentabilidade futura do sistema. A episteme baseada nos modelos simplificados de coñecemento, na nosa opinión, foi incapaz de resolver as inconsistencias e os paradoxos que constantemente se presentan a niveis tanto teóricos coma prácticos.

Consideramos que a construción colectiva da experiencia achega percorridos máis ricos que tendan a ir aos poucos desterrando o mito da obxectividade xerarquizante como un modelo anticuado. Nesta ecuación, igualmente consideramos que a interacción da arte coa ciencia e outras disciplinas do coñecemento funciona como paradigma da disolución das fronteiras, actuando como un incentivador fundamental que nos sitúa nunha perspectiva multidisciplinaria para o maior avance de coñecemento. Explóranse temas relacionados coa arte múltiple para o terceiro milenio desde a visión da complexidade e da sustentabilidade; queremos repensar a complexidade como metodoloxía de investigación e produción na arte múltiple contemporánea; o diálogo de arte e ciencia enfocado a esbozar un futuro máis sustentable; a relación entre o PRODUTO e a SOCIEDADE; o papel das prácticas colaborativas e a xestión cultural responsable.

Reflexión, produción, mercado e consumo de arte múltiple desde a sustentabilidade.

Outros proxectos <<<
Español | English
Licenzas | Contacto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.