el pliego / le pli / a folder

_ Disciplinas

Libro de artista
Gráfica
Estampa dixital

_ Desenvolvemento e execución

Noviembre 2016 - 2018

El Pliego
Le Pli
A Folder

3º Proxecto de creación de intercambio internacional entre universidades e centros de formación en arte gráfica e edición. Nesta convocatoria proponse reflexionar sobre a idea do prego, partindo do espazo dunha folla encartada e do encontro que provoca este encartado.

_ A orixe

Este proxecto ten como obxectivo seguir promovendo a circulación cultural a través das fronteiras que permite a edición gráfica, multiplicación, versatilidade e transportabilidade, revalorizando o formato do libro a partir do seu módulo base, O PREGO. O espazo do PREGO supón un todo fraccionado en catro espazos distintos e solidarios, no que se establecen relacións de oposición, reflexividade, contigüidade, secuenciación... O prego, como o libro, ábrese e péchase, garda, mostra e esconde á vez. A unión de diferentes pregos entre si forma un libro, dispositivo definido por esa zona de emerxencia e de encontro que é o prego, entendido como bisagra de desdobramento.

_ Cando 1 + 1 suman máis de dous. Sobre a suma de pregos...

O obxectivo inicial do proxecto "EL PLIEGO" era reunir e confrontar todos os pregos recibidos nun só gran libro, reorganizando e combinando os pregos á maneira dun cadáver exquisito. O cadáver exquisito consiste nun xogo de palabras/imaxes por medio do cal se forma a partir dunha secuenciación de palabras ou de imaxes parciais, unha frase ou unha imaxe completa, sen sentido premeditado.

_ resultado

No proxecto "EL PLIEGO/DOBLE DESDOBLADO", o libro é unha idea, unha aspiración que xustifica o formato das obras, e que aquí se presenta deconstruído para evidenciar as partes que o forman, dándolle valor ao prego en por si e descartando os procesos e os elementos habituais de posta en páxina e xeración do volume impreso (lombo, nervio, portadas, gardas). É tamén aquí un libro hipertrofiado, un libro que creceu tanto no seu contido e estrutura que o seu deseño ha de reconsiderarse de maneira alternativa, retando o convencional.

O caderno dálle vida ao libro e inscríbeo no tempo e no espazo. A liña do prego é aquí, coma no libro, un eixe de simetría que actúa sobre un espazo plano (o do papel, plano abstracto da representación e a escritura). E contén na súa natureza o principio reflexivo ou especular.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies