_René Heyvaert. Mail Art 1964—1984
_ materia
_ especialidad
René Heyvaert
Mail Art 1964—1984
Este libro presenta un estudo e unha selección significativa da arte postal do artista belga René Heyvaert (1929-1984). A súa actividade de Mail Art está profundamente ligada tanto a un contexto artístico que revindica unha arte ancorada na realidade vivida, cotiá e social, como ás súas circunstancias vitais que alimentan a súa vocación epistolar así como toda a súa creación artística.
_ el origen
Este libro retoma parte dos resultados da tese doutoral de Anne Heyvaert (filla do artista): A arte postal de René Heyvaert: unha concepción mínima e cotiá da arte, defendida na Universidade de Vigo, Facultade de Belas Artes, en 2010. Esta investigación, dirixida pola profesora Elena Lapeña, intégrase nas liñas do grupo dx5 relacionadas cunha reflexión contorna á modernidade e as súas marxes, a produción de obra na fronteira, espazos e modelos de difusión da arte… A investigación permitiu iniciar un inventario cronolóxico, destacando diferentes series coherentes sempre en relación coas súas experiencias artísticas do momento. O inventario foi realizado coa colaboración de Lightmachine Agency, Gante, e completado desde entón, entre outros, polos achados de Lodovico Corsini da galería CLEARING, Bruxelas. A publicación do libro, coeditado pola editorial belga Triangle Books Edition (de referencia internacional en libros de arte contemporánea), coincidindo coas exposicións monográficas de René Heyvaert na Galería Clearing, Bruxelas, 11/11/2018-16/02/2019, e no CGAC, Santiago de Compostela, 08/03-16/0672019. En ambas as exposicións destacouse a importancia destas obras postais dentro do corpus artístico xeneral do artista.
“…espero que recibas o coitelo de cociña que che envíe onte. Que a aduana española non o confisque (…). dime pronto se o recibes ou non, teño moita curiosidade. xa que ademais penso que é o obxecto máis belo que xamais che enviei.”
René Heyvaert: Carta a Anne, febreiro de 1982