_la matriz intangible
inter(medios)
_ materia
_especialidade
_ especialidade
la matriz intangible
Exposición e descrición de aspectos, ideas e conceptos que pertencen ao modus operandi da creación de obra gravada por medios actuais e o cambio de paradigma que experimentou a gráfica no presente, cos sistemas de estampación sen matriz física, onde se cuestionan conceptos de autoría, multiplicidade, dixitalidade etc.
_o libro
O libro “La matriz intangible” está enfocado á difusión da gráfica contemporánea dende unha reflexión teórico-práctica onde interaccionan arte e tecnoloxía. Por unha banda, pártese dos aspectos máis creativos relacionados coa investigación e coa evolución neste terreo, cuxa faceta máis tecnolóxica se viu impulsada cara a formas de comprensión do fenómeno da estampa e da incisión, que se afastan metodoloxicamente falando das tradicionais. Doutra banda, atópanse moi desenvolvidas no campo das técnicas gráficas industriais. Pero esta adopción dos medios electrónicos non é algo sobrevindo ao azar, senón un camiño coherente e ben cimentado dende o pensamento, as ideas estéticas contemporáneas e a necesidade de expresión dos e das artistas actuais que viron como novas solucións a creación de linguaxes e de formas de entender a arte gráfica hoxe en día.
_el origen
Esta publicación forma parte dunha serie de eventos, que distribuídos ao longo dos meses de maio e de xuño de 2004 tiveron lugar na Facultade de Belas Artes de Pontevedra dentro do programa denominado ARTECH.
Este proxecto vinculouse á utilización de tecnoloxías e de aplicacións electrónicas destinadas á xeración e ás prácticas artísticas.
Por unha banda, ofrecéronse ciclos de conferencias con persoas expertas e profesorado convidados nacional e internacional, que compartiron experiencias prácticas e desenvolvementos teóricos sobre arte, ciencia e tecnoloxía.
É de destacar que o cambio rapidísimo que se está producindo no paradigma da gráfica dende hai apenas quince anos se leva xestando case dende a invención do calotipo por Fox Talbot no século XIX, e con todo necesitou de grande accesibilidade a estes medios actuais para poder desenvolverse plenamente. A controversia e a falta de aceptación por parte dalgunhas persoas contrasta co entusiasmo doutras que viron na tecnoloxía o medio de expresión de ideas, formas e sensibilidades inasequibles noutro tempo. Desta maneira é interesante destacar como o uso e a aplicación das non xa tan novas tecnoloxías achegan un curioso enfoque na liberdade e na mestizaxe de medios que se achegan ao mundo gráfico dende outros aspectos como a filosofía, o cinema, a arte amplamente masiva de internet, a arte colectiva, a interactividade das creacións transfronteirizas etc. (orixe de Impresión piezoeléctrica).