inter(medios)
O libro La matriz intangible está enfocado á difusión da gráfica contemporánea dende unha reflexión teórico-práctica onde interaccionan arte e tecnoloxía. Por unha banda, pártese dos aspectos máis creativos relacionados coa investigación e coa evolución neste terreo, cuxa faceta máis tecnolóxica se viu impulsada cara a formas de comprensión do fenómeno da estampa e da incisión, que se afastan metodoloxicamente falando das tradicionais. Doutra banda, atópanse moi desenvolvidas no campo das técnicas gráficas industriais. Pero esta adopción dos medios electrónicos non é algo sobrevindo ao azar, senón un camiño coherente e ben cimentado dende o pensamento, as ideas estéticas contemporáneas e a necesidade de expresión dos e das artistas actuais que viron como novas solucións a creación de linguaxes e formas de entender a arte gráfica hoxe en día.
Expóñense e descríbense aspectos, ideas e conceptos que pertencen ao modus operandi da creación de obra gravada por medios actuais e o cambio de paradigma que experimentou a gráfica no presente, cos sistemas de estampación sen matriz física, onde se cuestionan conceptos de autoría, multiplicidade, dixitalidade etc.
ficha tecnica
Autoría: VV. AA.
Coordinación: Ana Soler e Kako Castro
Data da 1.ª edición: 2004
ISBN: 84-8158-276-X
Edición: grupo de investigación dx5 da Universidade de Vigo
Medidas: 17 x 23 x 1,5 cm
Páxinas: 160
Impresión: cuadricromía
Lingua: castelán
PVP: 15 €
Distribución: Comanegra