_impresión piezoeléctrica

la estampa inyectada
algunas reflexiones en torno a la gráfica digital.

_ materia

Arte e tecnoloxía.

_ especialidade

Gráfica dixital artística contemporánea. Máquinas e plóteres, sistemas de impresión, tintas, soportes e papeis, obras e artistas.

impresión piezoeléctrica

Froito dun exhaustivo traballo de investigación, nace o libro Impresión piezoeléctrica, la estampa inyectada. Son algunhas reflexións ao redor da gráfica dixital que recolle textos e obras de artistas, de recoñecido prestixio e coñecedores do ámbito gráfico dixital, acerca da súa experiencia cos medios de impresión actuais e aspectos técnicos e históricos eminentemente prácticos.

_orixe

A introdución das novas tecnoloxías na industria das artes gráficas e as consecuentes aplicacións no ámbito das Belas Artes móstrannos unha realidade na que a Arte e a Tecnoloxía atópanse en constante diálogo. Partindo deste contexto, e co obxectivo de promover o coñecemento, a investigación e a práctica, xorde esta publicación, a cal reflicte unha inquietude que desde hai varios anos respírase no mundo da gráfica artística contemporánea, e que reclama unha maior accesibilidade no uso das novas tecnoloxías, que viñeron funcionando ata o de agora en ámbitos máis tradicionais. Conscientes, por tanto, da importancia de investigar e divulgar os avances técnicos entre o colectivo artístico, a Universidade de Vigo e Epson Ibérica SAU uníronse nunha acordo de colaboración que persegue estimular a cooperación cientifica, coa finalidade de chegar a obter resultados útiles tanto para a Universidade como para a Empresa.

Nesta extensa e exhaustiva investigación realízase un amplo mapeado do territorio gráfico no que, por unha banda, desenvólvese unha profunda reflexión acerca dos novos modos de xerar imaxes gráficas; con achegas de diferentes artistas e profesionais do ámbito gráfico e académico como José Ramón Alcalá, Adam Lowe, Txema Elextpuru, Lila Insúa ou José Andrés Santiago, entre moitos outros. E doutra banda, explóranse diferentes cuestións relativas ao maquinismo; achegando unha visión estética e plástica do mesmo, investigando as orixes das máquinas de debuxar, analizando o contexto e a teoría científica nas máquinas impresoras ou analizando cuestións sobre óptica e luz no trazado de imaxes. Ao mesmo tempo que se realiza unha profunda análise dos procesos e os diferentes tipos de tecnoloxía dixital dispoñibles na actualidade, facendo especial incapié na produción da obra de arte. Desta forma, examínanse os distintos tipos de máquinas impresoras, tales como impresoras de sublimación ou impresoras de inxección de tinta, métodos piezoeléctricos como a inxección piezoeléctrica binaria por demanda ou o cabezal impresor de picoinyección (picojet print head).

No caso da tecnoloxía de impresión inkjet, é importante profundar nun coñecemento máis preciso e detallado, que abarque dende a química dos materiais pigmentarios e dos soportes ata o funcionamento mecánico/algorítmico da maquinaria de impresión e de plóters, para así ampliar as posibilidades que o ou a artista ten de transgredir creando dende o propio proceso de
xeración de imaxes.

Do mesmo xeito dedícase un grande apartado do libro ao que se chama viaxe ao interior do papel onde, a través da súa historia, como se fabrica, que compoñentes o conforman etc., se profunda na química do soporte principal da gráfica contemporánea. Sobre todo preténdese mostrar, a través de máis de cincocentas fotos realizadas con microscopio electrónico, cal é a actualidade do papel con recubrimentos para impresión dixital, é dicir, como a alta tecnoloxía dos materiais, hoxe en día, está ao servizo da industria e como os fabricantes de papel traballan estreitamente coas grandes empresas que fabrican as tintas e as máquinas de impresión para optimizar os resultados de impresión piezoeléctrica.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies