_de la imagen al papel

Hacia la impresión perfecta
La gestión del color en el proceso artístico del s. XXI

_ materia

Arte e tecnoloxía

_ especialidade

impresión

_de la imagen al papel

hacia la impresión perfecta
la gestión del color en el proceso artístico del s. XXI

Neste libro realízase unha análise dende a aparición da imaxe fotográfica ata o nacemento das máquinas e dos dispositivos electrónicos para capturar a imaxe numérica e a súa saída impresa en cor. Abórdase a xestión da cor no proceso de impresión da imaxe numérica

_concepto

Dende a aparición da fotografía en 1827, ata hoxe, sucedéronse numerosos cambios nos usos de tecnoloxías de captura e de impresión. Ao longo da historia moitos científicos, eruditos e entusiastas investigaron de múltiples e variadas formas estes procesos, desenvolvendo avances extraordinarios dende os procesos de pantalla aditivos ata as últimas impresoras de inxección de tintas baseadas en pigmentos. O traballo de moitos e moitas artistas atopou no uso das novas tecnoloxías un significativo campo de interese, que se fai visible na aplicación destes procesos ao campo artístico.

É por iso que neste libro se realiza unha análise dende os inicios da imaxe fotográfica ata a aparición de dispositivos electrónicos para capturar a imaxe numérica e a súa posterior impresión en cor.

A necesidade dun estudo que actualice todo o complexo mundo da obtención de impresións en cor, o máis precisas posible, resulta pertinente e útil no manexo de dispositivos electrónicos de captación e de impresión de imaxes dixitais.

_ estrutura

A presente publicación estrutúrase en catro grandes bloques:

O primeiro estuda a evolución dos procesos de reprodución da imaxe en cor, centrándose na imaxe fotográfica como impulsora e aglutinadora dos cambios producidos ao longo dos anos na tecnoloxía aplicada a este proceso.

O segundo bloque analiza as características da cor e a súa xestión na imaxe numérica.

No terceiro investíganse os sistemas de impresión máis empregados e a aplicación práctica da xestión da cor no proceso artístico.

No cuarto e último bloque establécese unha relación entre a xestión da cor nos procesos fotoquímicos e nos procesos fotonuméricos. Constátanse as posibilidades da xestión da cor na realización de proxectos coa imaxe fotonumérica. E, xa por último, analízanse as achegas da xestión da cor ao traballo artístico para optimizar os resultados.

_ obxectivos

Este libro tenta responder, entre outras, algunha das seguintes cuestións: Cal foi e cal é o percorrido da imaxe en cor ao papel? Como hai que empregar a xestión da cor para acadar os resultados desexados á hora de pasar a imaxe numérica a papel? Que pode achegar ao noso traballo artístico? Que problemas e que solucións atopamos no proceso...? Ao mesmo tempo que se profunda nas causas

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies