_output pre-print image
interface

_ disciplinas

Preimpresión
Xestión da cor
Impresión dixital
rips

_desenvolvemento e execución

2012 - 2014

output pre-print image interface

El proxecto titulado "Out-Put Pre-Print Image Interface", de índole científico-técnica, consiste nun sistema de hardware/software específico e dedicado á impresión dixital de gran formato.

Este proxecto materializouse grazas á colaboración do grupo de investigación dx5 con INEDIT, a propia Universidade de Vigo e o BSCH.

Realizado ao abeiro do proxecto “Aplicación de las nuevas tecnologías a la gráfica contemporánea en Bellas Artes” do Ministerio de Ciencia e Innovación, non só se traduce nun superior rendemento e xestión do material docente e de investigación existente na nosa facultade, senón que estende o seu potencial ámbito de aplicación.

_o proxecto

O proxecto consiste no desenvolvemento de software e hardware especializado de xestión e computación de imaxes impresas con plotters de gran formato, no proceso de preimpresión, con aplicación específica en Belas Artes. Con iso preténdese optimizar o control e a computación dos recursos gráficos, mediante un sistema de prepagamento do consumo de tinta en impresión dixital de gran formato.

Dun modo resumido, este proxecto consistiu na creación dun software de preimpresión e impresión que calcula os custos de imprimir unha imaxe dada en plotters de gran formato e permite pagar en liña a través dunha tarxeta bancaria de precargo.

Esta interface dota facilmente un usuario ou usuaria non especializado en impresión a grande escala, do uso das devanditas máquinas de forma remota e sen necesitar ningún coñecemento previo.

_conceptos

  • In put y out put de la imagen digital.
  • O algoritmo.
  • A linguaxe dixital e as formas vectorizadas aplicadas ás iconas gráficas e aos mapas de bits.
  • A escritura cuneiforme na era dixital.
  • Pictogramas e interface gráfica.
  • Ferramentas e interfaces gráficas dixitais, impresión dixital de calidade.
  • Computación e tradución de píxeles VGA a CMYK en preimpresión.
  • Contabilidade de consumos en inxección.
  • Traducións multitonais e tramados estocásticos de calidade para a súa aplicación en gráfica artística de alta resolución e calidade cromática.

Con este proxecto logrouse desenvolver un sistema que controla o custo e o pagamento das impresións nun plotter e permítelles aos usuarios e usuarias realizar o pagamento mediante tarxetas con chip 4B. O sistema consiste nun plotter Epson 9900 conectado a un servidor de impresión (Mac Mini), o cal ten instalado o RIP de impresión de Inèdit (nèoStampa 7)

_obxectivos

Controlar e xestionar con anterioridade, mediante unha tarxeta moedeiro o consumo de tintas nunha impresión dixital de gran formato. A citada tarxeta permítelle executar cargos económicos ao usuario ou usuaria sen intervención de persoal especializado. Creación dunha nova interface que xestione os datos do spooler de impresión e que lle permita ao usuario ou usuaria coñecer rapidamente a cantidade de tinta en picolitros utilizados e o custo en papel, dependendo da absorción deste no plotter. Tradución de interfaces gráficos en mapas de bits a separación de canles e de separacións en cartuchos de tinta; cuantificación do número de puntos que se vai representar con correspondencia nun número de picolitros por píxel. Axustar e personalizar os custos a píxeles e a cores ao mínimo, co que cada persoa sabe na fase de preimpresión cal vai ser o consumo exacto en picolitros que vai ter determinada a imaxe unha vez impresa. Modificación dun rede xa existente no mercado para o seu uso na demanda de tintas, substitución de cartuchos de mantemento, posta a punto da máquina e consumibles a requisito da propia máquina. Autoxestionar e socializar o uso de plotters de alta resolución e gran formato mediante unha conexión a internet que demande novos cartuchos de tinta e papel, vía en liña, cando estes estean a piques de acabarse, permitindo un mantemento adecuado e de baixo custo. Abaratar o prezo de venda ao público mediante un mantemento en liña. Desenvolver un servizo en rede co distribuidor de consumibles en tempo real. Axuste e especialización nas Belas Artes e na contorna docente, dun software xenérico.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies