_the print factory 2

el espacio del libro

_ materia

Arte contemporánea.

_ especialidade

Libro de artista. Docencia universitaria

the print factory 2

Tras o éxito do primeiro volume, lanzado no ano 2009, na presente publicación titulada The print factory II o espazo do libro orienta os seus obxectivos baixo o nexo común do «libro de artista» ou «libro-arte». Enténdese como un obxecto artístico excepcional que permite recoller diferentes elementos gráficos (texto, ilustración, fotografía, gráfica) para expresar pensamentos e ideas contemporáneos.

_ el libro

"The Print Factory 2" recolle, por unha banda, unha significativa mostra de imaxes das múltiples tipoloxías dos libros de artista realizados por estudantado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo). Estes autores e autoras traballaron dende as opcións máis tradicionais ao redor do diálogo imaxe-texto cara ás exploracións máis discretas, conceptuais, obxetuais ou autorreferenciais, ou formalizacións máis dinámicas e barrocas. Por outra banda, este libro tamén recolle diferentes textos dos e das docentes provenientes de varias disciplinas, que guiaron a experimentación do e da estudante dende as súas liñas de interese propias, pero sempre atentos ás esixencias do proxecto particular dentro do contexto da arte contemporánea. Así, The print factory 2 rexistra algunhas reflexións teóricas destes e destas artistas, docentes e persoas investigadoras sobre o proxecto didáctico «libro de artista» e o formato libro como espazo de creación contemporánea.

"The Print Factory II" é o segundo proxecto dentro da liña editorial e de investigación titulada The print factory, nacida coa vontade de cumprir a vocación de transferencia do binomio investigación-docencia no ámbito universitario por parte do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. O obxectivo do proxecto é documentar como as principais liñas de investigación do grupo, centradas na fusión de novas tecnoloxías e técnicas gráficas tradicionais, así como na reflexión sobre a gráfica de campo expandido, desembocaron nas propostas artísticas do estudantado das diferentes materias vinculadas á área de coñecemento da arte gráfica. Coa creación da liña editorial The print factory preténdese darlles visibilidade con carácter trianual aos traballos máis destacados realizados por estudantes que cursaron materias relacionadas coa práctica da gráfica contemporánea. O proxecto incide no valor da comunicación e da difusión social da documentación recollida e na intención de conxugar a filosofía de transgresión técnica e conceptual do grupo dx5 coa aplicación dunha metodoloxía creativa no proceso de investigación da disciplina da arte gráfica.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies