_mapas invisibles

para una gráfica electrónica
(de la huella incisa al grabado con luz)

_ materia

Arte e tecnoloxía

_ especialidade

Gráfica dixital artística contemporánea
Gráfica electrónica. Láser

mapas invisibles

Mapas invisibles para una gráfica electrónica pretende reflectir os conceptos e os pasos que foi dando o gravado tradicional dende o compendio de sistemas e técnicas de socavar fisicamente e imprimir con presión ata converterse no que chamamos hoxe matrices intanxibles. É dicir, incidir e debuxar con luz.

_ o libro

Pretende ser unha modesta e divulgativa achega a un fenómeno interesante do cambio que ocorreu e que está a suceder con esta arte cuxas matrices físicas deron lugar ás algorítmicas, reflectidas nunha pantalla electrónica, e ás tintas graxas en sofisticadas emulsións inxectadas ou termofundidas.

Pero non nos gustaría dar a impresión de que o noso interese vai dirixido soamente á parte técnica, a sofisticación mecánica e os pormenores da xa famosa cociña do gravado. Unha das nosas propostas sería máis ben a relativa ao innecesario do receitario da forma na que foi realizada unha estampa ou print, suxerimos cordialmente a adopción de imaxe múltiple por matriz electrónica ou IMME.

Pensamos que a pegada gráfico-electrónica posúe unha armazón intelectual relacionada con ideas que deron un novo enfoque ao sentido de múltiple ou orixinal. Achega reflexións sobre os fenómenos da contorna social no que estamos inmersos e contribúe ao entendemento do contexto no que se move a socialización da arte subvertida nunha maior interactividade. Faise un breve resumo razoado do devir da arte da gráfica dende os seus procesos máis escultóricos ata chegar ás matrices intanxibles. A substitución do graphos manual polo electrónico-luminoso do láser ou fotopolímeros e o papel do pensamento das obras múltiples actuais.
A documentalidade sen corpo, sen a física do soporte material é un paradigma curioso na historia do ser humano que a revolución das novas tecnoloxías achega ao modo en que entendemos actualmente a nosa vida moderna.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies