interacción gráfica
originalidad en la
cultura de la copia
Esta publicación Encuentros de interacción gráfica, originalidad en la cultura de la copia nace da realización do ciclo de conferencias do mesmo nome, entre os días 14 e 16 de decembro de 2011 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Nesta publicación recóllense as intervencións dos investigadores e investigadoras principais do proxecto «Originalidad en la cultura de la copia», do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea da Universidade Autónoma de Ciudad Juárez (Chihuahua, México) e os integrantes do grupo dx5.
Os investigadores e investigadoras principais do proxecto, Carles Méndez Llopis e Hortensia Mínguez García, directores do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea, foron convidados para impartir senllas conferencias na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
De maneira paralela a este evento, tivo lugar unha reunión de investigación entre os e as integrantes de ambos os equipos para avanzar en novas propostas e futuras colaboracións internacionais.
O ciclo de conferencias, que contou tamén coa participación de varios docentes do grupo dx5 (Ana Soler, Kako Castro, Anne Heyvaert e José Andrés Santiago), tomou como punto de partida observar e cuestionar o concepto de «orixinalidade» na época dixital. Cando todo obxecto, texto e idea pode ser hiperreproducido e difundido, cando as copias poden ser orixinais e o orixinal pode ser unha copia, é o punto de partida dunha confrontación teórica e unha convivencia práctica.
Esta publicación xorde para dar continuidade ás propostas expostas e ofrecer unha plataforma para ampliar os temas abordados nas sesións teóricas.
ficha técnica
Autoría: VV. AA.
Data da 1.ª edición: 2012
ISBN 13: 978-84-8158-582-7
Edición: grupo de investigación dx5 da Universidade de Vigo
Medidas: 17 x 23 cm
Páxinas: 107
Impresión: cuadricromía
Encadernación: rústica
Lingua: castelán
PVP: esgotado