_el pliego/ le pli/ a folder
Doble desdoblado3.º Encuentro Internacional de Interacción Gráfica y Edición
_ materia
_ especialidade
el pliego/ le pli/ a folder
Esta publicación forma parte do terceiro proxecto de creación de intercambio internacional entre universidades e centros de formación na arte gráfica e na edición. Nesta convocatoria propúxose reflexionar sobre a idea do prego, partindo do espazo dunha folla encartada e do encontro que provoca este pregado.
_ el origen
Esta publicación xorde a partir do proxecto co mesmo nome que tivo como obxectivo seguir promovendo a circulación cultural a través das fronteiras que permite a edición gráfica, a multiplicación, a versatilidade e a transportabilidade, revalorizando o formato do libro a partir do seu módulo base: o prego. Para este proxecto de carácter docente e investigador reunimos unha selección de estudantes, docentes e artistas vinculados a talleres e a grupos de investigación na arte gráfica e na edición de diferentes universidades e centros de formación. Esta convocatoria, que lles dá continuidade aos proxectos anteriores «La miniatura» (2010-2012) e «Comptines, rimas por el mundo» (2014-2015), propón renovar os centros participantes incorporando novos colaboradores e colaboradoras.
Cando 1 + 1 suman máis de 2. Sobre a suma dos pregos...
«Se viaxas só, irás rápido. Se viaxas en grupo, irás lonxe.»Proverbio africano