_de la huella a lo numérico
_ materia
Docencia e investigación.
_especialidade
_ especialidade
de la huella a lo numérico
Este libro responde á materialización do espírito de intercambio xurdido entre dúas escolas de belas artes europeas: L’École Européenne Supérieure de l’Image de Angoulême (Poitiers), en Francia, e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo, en España
_ a orixe
Coma outros proxectos internacionais de similar natureza xurdidos en colaboración entre entidades e institucións, esta publicación ten a súa orixe en iniciativas persoais, así como nas coincidencias existentes nas liñas de investigación de dous equipos de artistas e docentes –ARC Princeps e dx5 dixital & graphic art_research– e a necesaria empatía e vontade de colaboración entre ambos os grupos, imprescindibles para abordar a complexidade das problemáticas e das decisións que unha empresa como esta leva. Neste caso concreto, os inicios xorden da amizade, forxada a comezos dos anos oitenta, entre Anne Heyvaert, integrante do grupo de investigación dx5, e Yves Chaudouët, cofundador do taller de investigación e de creación Princeps.
_ o concepto
Entre o grupo dx5 e Princeps xorden rapidamente multitude de coincidencias e de obxectivos comúns, que se estenden á propia dinámica de traballo ao redor do mundo da edición de arte. Principalmente, ambos os equipos de investigadores e investigadoras nos seus estudos interdisciplinarios acerca do múltiple, como prolongación secular da estampa e da edición de arte, pero coa adopción da episteme e as hermenéuticas actuais, que influenciaron e redefiniron a arte do múltiple nos últimos tempos. Así mesmo, tamén se abordan outro tipo de problemáticas como as aplicacións das novas tecnoloxías industriais e dixitais; a reflexión sobre as nocións de incisión, pegada, matrices físicas ou intanxibles; os binomios orixinal-múltiple e multiplicación-transformación; e todo iso sempre dende unha tripla perspectiva teórica, científica e artística, que caracteriza o modus operandi do grupo dx5.
_ a autoría
Este libro presenta un abano de propostas visuais que parten indistintamente de ambas as escolas, en Francia e en España, coa achega de estudantado, profesorado, ex-alumnado e artistas convidados para ofrecer unha visión panorámica do que sucede no amplo marco artístico a ambos os lados da fronteira franco-española. Así mesmo, a fin de xerarquizar o variado do discurso, todas estas voces articúlanse ao redor de distintas tipoloxías gráficas: incisión, signo ou memoria, contrapostas coas estéticas das desaparicións e a colaxe visual impresa sen contacto nin presión, ou a discretización fronte á analoxía.