Artista, deseñadora e investigadora que se graduou en Belas Artes e ten o Mestrado en arte contemporánea pola Universidade de Vigo (Premio Extraordinario en BBAA pola UVigo e pola Xunta de Galicia).

Foi artista residente en Citeina Internationale Universitaire de Paris (bolsa FORMARCHE 2018 do Ministerio de Cultura e Deporte) e nas Residencias MAC 2017 (Museo de Arte Contemporánea Naturgy).

En 2018 recibe o Premio Julián Trincado pola súa obra Pulsión (Bienal 15 Mostra MAC) e en 2017 recibe o primeiro premio ArtsFAD 2017. Foi nomeada ao premio de adquisición Universidade Nebrija á Creación Artística 2019 e ao 9.º Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas (2016).

Como deseñadora, foi gañadora do primeiro premio Iniciativa Empresarial 2011, nomeada ao concurso Mango Fashion Awards e finalista europea no prestixioso International Woolmark Prize.

Desde o ano 2012 expón de xeito habitual, participando en mostras tanto individuais coma colectivas; expuxo no MAC (Museo de Arte Contemporánea Naturgy), no Museu do Disseny de Barcelona, en CentroCentro_Cibeles, MNAD (Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid), na Fundación Rac, Fundación Eugenio Granell ou na sala Tecla de Barcelona, entre outras.

Desde o ano 2006 imparte clases e conferencias en diversas escolas e universidades; foi profesora en Esdemga (Universidade de Vigo), LCI (Escola Superior de Deseño e Moda Felicidade Duce) e na EASD Gran Canaria. Impartiu seminarios e talleres en EUDI (Escola Universitaria de Deseño Industrial), Fundación Mapfre, EASD Mestre Mateo, Fundación Centro de Artesanía e Deseño de Galicia ou na EOI_Mediterráneo (Escola de Organización Industrial), entre moitas outras.

Actualmente desenvolve a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo con fondos do Programa de axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional).

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies