Artista visual, ilustrador e autor de banda deseñada, é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Formouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Accademia Pietro Vannucci de Perugia (Italia), e recibiu o Premio especial de doutoramento na Universidade de Vigo, onde actualmente imparte docencia.

As súas principais liñas de investigación son a viaxe e o percorrido urbano como experiencia estética (especialmente o cómic de viaxes), e diversos campos do cómic alternativo, como a autoedición e o cómic experimental e de campo expandido.

Fixo mostras tanto a nivel nacional como internacional, entre elas Raccontare un monte d’oro(Academia de España en Roma, 2023), BD de l’Akrasie (Cité Universitaire, París, 2015), Iconville(2012) e Visións de Babilonia (2010).

Recibiu, entre outros, bolsas artísticas da Casa Velázquez en Madrid, do Colexio de España en París e da Academia de España en Roma. Tamén recibiu premios en certames como os Premios de Creación Literaria do Ministerio de Cultura (2021), o Premio Isaac Díaz Pardo (2013), Xuventude Crea (2010 e 2012) e Novos Valores (2009).

Como autor de banda deseñada, en 2023 colaborou en Contar un monte de oro (Nuevo Nueve); en 2018 publicou O puño e a letra, unha reinterpretación colectiva en banda deseñada da obra poética de Yolanda Castaño (premiada como mellor Banda Deseñada publicada en Galicia ese ano). A súa novela gráfica Punto de fuga recibiu un premio da Xunta de Galicia.

Como autor de tebeos, en 2023 participa en Contar un monte de oro (Nuevo Nueve); en 2018 publica O puño e a letra, una reinterpretación colectiva en cómic de la obra poética de Yolanda Castaño (premio mejor cómic publicado en Galicia en ese año). Su novela gráfica Punto de fuga fue premiada por la Xunta de Galicia.