Blanco sobre blanco

_ disciplinas

Espacios liminales en la gráfica
Original múltiple
Creación en la frontera

_desenvolvemento e execución

2023

Branco sobre branco.
Espazos liminais na Gráfica Contemporánea

Este proxecto, titulado "Libro en branco: Espazos liminais na Gráfica Contemporánea", busca crear un "libro en branco" que recolla de xeito colectivo algunhas dimensións invisibles subxacentes a toda obra de arte contemporánea baseada no concepto e a práctica do "orixinal múltiple", reflexionando e revelando desde un punto de vista subxectivo todo aquelo que non se percibe a simple vista.

_SOBRE O PROXECTO

A gráfica, desde os seus inicios, foi concebida como un sistema complexo, resultado da interacción dos seus compoñentes ou axentes involucrados. Na actualidade, entender este sistema no seu conxunto lévanos á creación dun significado enriquecido e más completo do que representa a gráfica contemporánea. Cremos que nos espazos liminais que emerxen na fronteira do imperceptible é onde se forxan as interesantes sinerxias que caracterizan á nova gráfica de campo expandido. Durante dúas décadas, o grupo d×5, dedicado á investigación en arte gráfico contemporáneo, habitou esta vasta fronteira, combinando a investigación teórico-conceptual coa artístico-práctica e a científico-técnica.

Nun mundo cada vez mais interconectado, onde a volatilidade, a incertidume, a complexidade e a ambigüedade son as características cotiás, buscamos presentar unha rede interconectada e sistémica o suficientemente adaptable para abarcar o pasado, o presente e o futuro dos diversos fenómenos que rodean estos espazos liminais da gráfica.

RESULTADOS E EXPERIENCIA

Sumerxímosnos no que denominamos "presencias blandas, fluidas ou mutantes” de certos conceptos fundamentais da gráfica a través do diseño editorial e a creación dun libro de artista. A gráfica tradicional proxéctase cara o futuro a través da análise de conceptos base que a miúdo non se manifiestan de maneira evidente nas produccións gráficas contemporáneas, pero que permanecen latentes na súa esencia xeradora. O noso obxectivo é axudar a desentrañar este sistema relacional, presentando de maneira múltiple e colectiva a complexidade e relevancia dos conceptos fundamentais do mundo gráfico e a súa evolución na gráfica contemporánea. Para logralo, dende el grupo d×5 buscamos reparar nese ciclo transdisciplinar de repetición e transformación, de explosión e implosión de distintos conceptos e creaciónss contemporáneas que abordan a esencia interrelacional da gráfica actual. Por un lado, o proxecto formalizouse no libro titulado Libro en branco. Espazos liminais na Gráfica Contemporánea no que se recollen as conclusións e aportacións artístico-científicas levadas a cabo por membros do grupo de investigación co pretexto do branco como elemento base de potencial creativo e multiplexador. Á súa vez, o grupo dx5 participou na Feria Internacional de Grabado FIG Bilbao en novembro do 2023 coa proposta expositiva site-specifc no seu stand: Branco sobre branco. Esta intervención toma como punto de partida a conxunción das obras artísticas dalgúns membros do grupo de investigación para reflexionar sobre a fronteira conceptual e formal da gráfica contemporánea. Como parte da programación no FIG tamén se realizou a presentación da publicación e unha conferencia

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies