_El ibro en abismo*.
*relaciones y transferencias entre imagen y dispositivo en el libro de artista

_ materia

Arte contemporánea

_ especialidad

Libro de artista

El ibro en abismo*
*relaciones y transferencias entre imagen y dispositivo en el libro de artista

Este libro é unha reflexión sobre o concepto de libro no abismo a partir dunha coleción de máis dun centenar de publicacións e libros de artista que á súa vez realizan distintas aproximacións ao libro como soporte e vehículo para a práctica artística.

_ a orixe

O estudo é unha adaptación da tese doutoral do mesmo nome, defendida na Universidade de Vigo en xaneiro de 2017 pola Dr. María José Prada Rodríguez e dirixida pola Dr. Anne Heyvaert e o Dr. Alberto Ruiz de Samaniego. Obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude e conta con mención internacional. A investigación é unha aproximación aos recursos visuais, estruturais e conceptuais que permiten establecer relacións entre a imaxe, o seu soporte e o espazo da súa recepción, en torno ao libro de artista. No ano 2018 publícase o libro co apoio do grupo de investigación dx5 e DARDO. Organismo financiador Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Axudas do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas Modalidade: Grupos de Referencia Competitiva.

(…) he dicho previamente que un libro es una secuencia de páginas. (…) se suponía que los libros eran textos, textos impresos. Pero los poetas concretos de la primera hora (…) destruyeron por siempre la ilusión y evidenciaron, ante todos aquellos que tuvieran ojos y quisieran ver, que el lenguaje impreso es espacio

Ulises Carrión, “Obras-libro revisitadas” en Juan Agius (ed.), op. cit., p.90.

O termo “en abismo” ou “abismado” refírese a unha maneira (visual) de establecer a relación entre o obxecto-libro e a súa representación como imaxe, e é unha condición que dun modo ou outro está presente nos libros que son obxecto desta investigación.
O volume está organizado en tres partes principais: a primeira trata de perfilar o libro de artista como campo de investigación, examinando as súas coordenadas fenomenolóxicas, o seu significado e uso como dispositivo para a arte, e a súa relación co campo editorial convencional. A segunda parte trata sobre a relación entre a imaxe e o obxecto, a partir de concepcións que teñen a súa orixe no pensamento barroco ao redor da relación entre ilusión e realidade. A terceira é a máis específica, e trata dos libros de artista “en abismo”. Analízanse os conceptos asociados á abismación no libro de artista como estratexia de relación entre contido e soporte, en canto á súa estrutura, elementos e linguaxe. Por último, establécese unha organización dos libros investigados sobre a base da natureza (real ou ficticia) dos libros insertos neles.

"Rethink the book functions in their phisical, optical and psicological aspects. A book has weight, size, thickness, and tactile qualities, qualities which are handled by the hand, as its optical form is handled by the eye... The book can be conceived of in the same sense as the handle of a tool end with perfect control"

Richard Hollis

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies