_output pre-print image
interface
_ disciplinas
Xestión da cor
Impresión dixital
rips
_desenvolvemento e execución
output pre-print image interface
El proxecto titulado "Out-Put Pre-Print Image Interface", de índole científico-técnica, consiste nun sistema de hardware/software específico e dedicado á impresión dixital de gran formato.
Este proxecto materializouse grazas á colaboración do grupo de investigación dx5 con INEDIT, a propia Universidade de Vigo e o BSCH.
Realizado ao abeiro do proxecto “Aplicación de las nuevas tecnologías a la gráfica contemporánea en Bellas Artes” do Ministerio de Ciencia e Innovación, non só se traduce nun superior rendemento e xestión do material docente e de investigación existente na nosa facultade, senón que estende o seu potencial ámbito de aplicación.
_o proxecto
O proxecto consiste no desenvolvemento de software e hardware especializado de xestión e computación de imaxes impresas con plotters de gran formato, no proceso de preimpresión, con aplicación específica en Belas Artes. Con iso preténdese optimizar o control e a computación dos recursos gráficos, mediante un sistema de prepagamento do consumo de tinta en impresión dixital de gran formato.
Dun modo resumido, este proxecto consistiu na creación dun software de preimpresión e impresión que calcula os custos de imprimir unha imaxe dada en plotters de gran formato e permite pagar en liña a través dunha tarxeta bancaria de precargo.
Esta interface dota facilmente un usuario ou usuaria non especializado en impresión a grande escala, do uso das devanditas máquinas de forma remota e sen necesitar ningún coñecemento previo.
_conceptos
- In put y out put de la imagen digital.
- O algoritmo.
- A linguaxe dixital e as formas vectorizadas aplicadas ás iconas gráficas e aos mapas de bits.
- A escritura cuneiforme na era dixital.
- Pictogramas e interface gráfica.
- Ferramentas e interfaces gráficas dixitais, impresión dixital de calidade.
- Computación e tradución de píxeles VGA a CMYK en preimpresión.
- Contabilidade de consumos en inxección.
- Traducións multitonais e tramados estocásticos de calidade para a súa aplicación en gráfica artística de alta resolución e calidade cromática.
Con este proxecto logrouse desenvolver un sistema que controla o custo e o pagamento das impresións nun plotter e permítelles aos usuarios e usuarias realizar o pagamento mediante tarxetas con chip 4B. O sistema consiste nun plotter Epson 9900 conectado a un servidor de impresión (Mac Mini), o cal ten instalado o RIP de impresión de Inèdit (nèoStampa 7)
