non toxic printmaking

_ disciplinas

Gravado non tóxico
Galvanografía
Electrografía
Macrocosmos-microcosmos

_desenvolvemento e execución

2009-2012

non toxic printmaking.
69/10000 Aplicación da electrolisis e a galvanoplastia nas Belas Artes

Este proxecto explora as posibilidades de incisión por acción galvánica sobre ferros metálicos, e o seu uso para xerar matrices para a estampaxe artística mediante técnicas electrográficas e de galvanoplastia. O proxecto englóbase, á súa vez, dentro da procura de solucións aos métodos de gravado non tóxico que pretende dotar a artistas dunha posibilidade simple, sinxela, altamente creativa, inocua para a saúde e de baixo custo, de gravar ferros de cobre e de zinc por medio da electricidade en baño electrolítico e por acción galvánica directa sen inmersión. Este sistema posibilita, á súa vez, non só a ablación ou a retirada de material, senón tamén a adición e o recubrimento metálico, e dá como resultado unha infinidade de aplicacións artísticas.

_SOBRE O PROXECTO

Dentro da tripla vertente que articula o traballo investigador do grupo dx5 dixital & graphic art_research (teórico-conceptual, artístico-práctica e científico-técnica), este proxecto inscríbese nas liñas de investigación “Da pegada incisa ao gravado con luz; electricidade e xeración de imaxes” e “Sistemas de sustentabilidade e enerxías renovables aplicadas á arte contemporánea”.

O obxectivo do presente proxecto de investigación vaise centrar nos aspectos e nas aplicacións da electrólise e a acción galvánica, destinadas á utilización nos talleres de artes gráficas e, principalmente, para o gravado e os recubrimentos en Belas Artes

_OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

    - Optimización de sistemas electrolíticos e de acción galvánica para usar nos talleres de artes gráficas, para o gravado e os recubrimentos en belas artes e para a produción multidisciplinaria de obras de arte.
  • - Mellorar os sistemas de recubrimento e de protección dos ferros metálicos e determinar os mellores electrólitos en termos de sustentabilidade e os máis baratos e alcanzables para artistas e sectores industriais de produción non masiva.
  • - Xerar métodos de gravado de ferros con sistemas que empreguen a electricidade como mordente. - Implementación e adecuación de materiais xa dispoñibles na industria para producir obras de arte gráfica contemporánea. - Estudo e perfeccionamento das técnicas de recubrimento por acción galvánica, para que se poidan empregar na práctica artística da obra de arte actual. - Profundar na investigación de técnicas contemporáneas de gravado non tóxico. - Xerar unha alternativa, barata, rápida e eficiente fronte aos métodos de mordida con ácidos e sales convencionais, como opción ás técnicas tradicionais, moito máiscontaminantes e insalubres. - Combinación con outras técnicas máis actuais non tóxicas. - Perfeccionar os resultados plásticos das obras de arte gráfica mediante novas posibilidades técnicas para os e as artistas grazas a novos procedementos máis precisos.

_ Conclusións

O libro titulado “Ánodo-Cátodo. Electrólisis y Galvanografía. La Memoria Química Esculpida por Electrones” recolle as conclusións e os logros científicos deste proxecto. "Ánodo-Cátodo, la memoria química esculpida por electrones", estrutúrase en tres partes ben diferenciadas, que coinciden coas formulacións programáticas do grupo dx5 e coa maneira na que, case sempre, se tratan os proxectos de investigación desenvoltos por este equipo. Estes tres enfoques –teórico-conceptual, científico-técnico e artístico-práctico– reflíctense nas tres grandes seccións que articulan este libro.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies