el pliego /le pli
a folder
“EL PLIEGO/ LE PLI/ A FOLDER” é un proxecto de carácter docente e investigador que permitiu reunir unha selección de estudantes, profesores e artistas vinculados a talleres e a grupos de investigación en arte gráfica e edición de diferentes universidades e centros de formación.
Modos do prego: un diálogo
Anne Heyvaert / María Prada
“Do prego nace unha forma de pensamento, a dialéctica,
que se articula ao ritmo das páxinas que se van folleando,
que se opoñen e déixanse atrás”.
Michel Melot
O libro como forma simbólica (Así pensa o prego).
Pensar a arte desde o espazo do libro significa recoñecer neste formato con historia e funcións propias unha alternativa aos espazos convencionais da arte. Trátase de resituar a práctica e a transmisión artística desde as posibilidades formais e simbólicas do libro, asimilando o sentido do seu módulo base, o prego. Este simple dispositivo asistiu e definiu o coñecemento durante séculos, e serve hoxe á práctica artística, entendida como un medio de exploración da complexidade da realidade.
O códice fundamenta o seu valor e establece a súa irresistible utilidade (fronte a outras formas de comunicación escrita máis antigas como o rolo de papiro ou as táboas) porque se estableceu historicamente como un obxecto autónomo no que contido e soporte son solidarios, de modo que a estrutura homoxénea e estable do libro é capaz de outorgar unidade material e temporal ao conxunto. Da articulación do prego no libro nace unha forma de pensar o continuo na descontinuidade, que se configura ao ritmo das rupturas regulares e opostas das páxinas.
Como observa Michel Melot, parece que a tecnoloxía dixital permitiu liberar o libro do seu contido e rescatar a súa morfoloxía. Esta liberación relaciónase coa tendencia a explorar os aspectos formais do libro en novas propostas artísticas que pensan desde a articulación do encartado: operación á vez plástica e poética, material e intelectual, superficie e volume.
Con estas premisas, tentamos observar as posibilidades creativas do prego dentro do libro-arte, a partir da metáfora dunha conversación que se establece como os pregos dun libro na confrontación dialóxica das súas páxinas.
Obxetivo:
O obxectivo foi promover a circulación cultural a través da edición gráfica, pondo en valor o libro como formato a partir do seu módulo base, o prego.
Convidamos as e os participantes a intervir nunha folla de papel encartado en dous, utilizando técnicas gráficas e outros recursos que xeren imaxe múltiple para a súa edición en varios exemplares.
Presentacións e actividades:
O grupo dx5 quixo facer público o proxecto desde os seus inicios, con presentacións en distintos foros e ao longo das distintas fases.
Este proxecto deu lugar a actividades que han ir máis aló das exposicións e que consistiron en diversas presentacións do proxecto por parte do grupo dx5; encontros con outras escolas, centros e participación en encontros, debates e mesas redondas.
Coa participación de:
– 11 países,
– 17 centros,
– 224 pregos
– 189 artistas participantes
– 26 coordinadoras/es de centros
– 16 exposicións realizadas entre febreiro 2017 e febreiro 2018 por todo o mundo
Máis de dez persoas vinculadas ao grupo dx5 (Universidade de Vigo) na organización dos pregos
Estas presentacións posibilitaron o debate e a posta en común con colectivos vinculados ao mundo universitario (non especificamente artístico) e ao da creación e formación en arte.
Algunhas destas actividades foron:
CAMPUS CREA
LUGAR: Casa das Campás. Vicerrectorado del Campus de Pontevedra
EVENTO: Jornada de Presentación de proxectos docentes. Campus Crea
DATA: 21 Abril 2017
ENCUENTRO con Université de Trois Rivières, Quebec, Canadá.
LUGAR: Taller de grabado de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo.
EVENTO: Encuentro entre Département de Philosophie et des Arts de la Universidad de Trois-Rivières, Québec, Canadá, y facultad de Bellas Artes de Pontevedra.
DATA: 20 Junio 2017
ENCUENTRO en Madrid
LUGAR: Salón de grados de la Facultad de Bellas Artes de la Universidad Complutense, Madrid.
EVENTO: Abrir, splash, cerrar. Navegar por el pliego.
DATA: 18 Octubre 2017
COORDINACIÓN: Carmen Hidalgo de Cisneros Wilkens (Grupo LAMP, Universidad Complutense)
ENCUENTRO en Porto
LUGAR: o Museu, Pav. Central Faculdade de Belas Artes Universidade de Porto..
EVENTO: MODOS DE EDITAR. Património, Tecnologia, Fronteiras.
DATA: 25 Octubre 2017
COORDINACIÓN: Graciela Machado (i2ads/FBAUP).
EVENTO de PRESENTACIÓN
Un livre se fait rarement tout seul…
LUGAR: Académie Royale des Beaux-Arts de la Ville de Liège
DATA: 22/02/2017
EVENTO de PRESENTACIÓN
IV Simposio De la Tipografía al Libro-Arte. Centro Cultural Clavijero, Morelia, Michoacán de Ocampo, Mexico.
LUGAR: Instituto de Arquitectura Diseño y Arte, Universidad Autónoma de
Ciudad Juárez
DATA: 24/05/2017
EVENTO de PRESENTACIÓN
Mesa redonda El libro de artista desdoblado. El proyecto EL PLIEGO/LE PLI/A FOLDER como recurso docente y estrategia de investigación.
LUGAR: Facultad de Bellas Artes de la Universidad de Vigo, Pontevedra, España.
DATA:28/04/2017
EVENTO de PRESENTACIÓN
El PLIEGO Proyecto de Intercambio Internacional.
LUGAR: Aula de Conferencias del Pabellón Universitario del Campus de Mingsun, Universidad Nacional Chiayi. National Chiayi Hsien University, Taiwan
DATA: 17/05/2017
EVENTO DE PRESENTACIÓN
Navegar por el pliego: abrir, splash, cerrar.
LUGAR: Salón de Grados de la Facultad de Bellas Artes UCM. Madrid, España.
DATA: 18/10/2017
EVENTO DE PRESENTACIÓN
MODOS DE EDITAR. Património, Tecnologia, Fronteiras.
LUGAR: oMuseu, Pav. Central Faculdade de Belas Artes Universidade de Porto
ASISTENTES: Ana Soler y Anne Heyvaert (grupo dx5), Graciela Machado (i2ads/FBAUP),
Rui Vitorino (ID+ /FBAUP) y Nuno Coelho (CEIS20-UC / DEI-FCTUC).
DATA: 25/10/2017