_quien no es bruja?

lo brujesco en las representaciones audiovisuales del siglo XXI

_ materia

arte contemporáneo

_ especialidade

Audiovisual, videocreación, películas e series

Quien no es bruja?

Quien no es bruja? Lo brujesco en las representaciones audiovisuales del sigloXXI. Se eles poden recuperar á Bruxa para os seus fins perversos, por que nós non podemos empregala para empoderarnos e xerar discursos positivos? A partir desta pregunta, o libro profunda na polisemia do concepto bruxa, definíndoo desde as perspectivas literaria, antropolóxica, social e feminista. A continuación, realízase un breve percorrido a través de diferentes manifestacións da Bruxa audiovisual, desde a súa aparición en determinadas películas e series televisivas ata o seu protagonismo no videoarte.

_a orixe

Este libro é unha adaptación da tese doutoral defendida na Universidade de Vigo en febreiro de 2022 pola Dra. Rebeca López Villar e dirixida pola Dra. Susana Cendán. Titulado Representacións da Bruxa na creación audiovisual contemporánea (2000-2019): videoarte, cinema e televisión, o traballo obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude, así como o Premio Extraordinario de Doutoramento.
En 2022 publícase o libro co apoio do grupo de investigación dx5 e DARDO.
Organismo financiador: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axudas do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas.
Modalidade: Grupos de Referencia Competitiva.

“A Bruxa é unha loba solitaria. Unha femia, separada pola súa natureza da manda. Unha bruxa é unha muller forte, con poderes. Nela, o sexo é un anhelo constante, insaciable. Aos homes, vólveos impotentes. Reúnese pola noite con outras da súa especie. É capaz de controlar as condicións meteorolóxicas. Pode converterse nun gato. Ou nun paxaro. Voa. Rouba e corrompe. Fala co vento. Fala a soas. É soño e pesadelo. É curandeira e comadrona. É muller, e como tal representa a proximidade ao demo de todas as mulleres. É sacrificada como ofrenda aos instintos asasinos do colectivo —é un punto nun universo borroso de almas perdidas—. É unha figura cuxos contornos a duras penas lembramos. Morre linchada”.
Xabier Arakistain, KISS, KISS, BANG, BANG
O termo bruxa atópase ligado a unha soa significación, a da Bruxa literaria. Con todo, trátase dun concepto moi próximo á ambigüidade e ao polisémico. Falar de Bruxas supón superar —que non esquecer— o estereotipado personaxe de ficción e abordar novas implicacións, que identifican á Bruxa, en feminino, con múltiples ideas.
Tremede, volven as bruxas
Os relatos cinematográficos propoñen, a través de estereotipos como o da Bruxa, modelos de comportamento e ideais que son dificilmente asumibles na vida real. (...) Mentres as artes visuais, en xeral, recuperan á Bruxa para transmitir mensaxes político feministas, o cinema e a televisión tenden a utilizar o personaxe brujesco con fins menos comprometidos.
“Se son os ollos das mulleres os que miran a historia, esta non se parece á oficial. (…) Se son as mulleres as protagonistas, o mundo, o noso mundo, o que cremos coñecer, é outro. (…) Se as mulleres puidesen falar, hoxe os pobos seriamos máis sabios. Aprenderiamos os coñecementos das mulleres queimadas na fogueira, porque eran tan intelixentes que parecían bruxas”.
Nuria Varela, Feminismo para principiantes