espazos liminais na gráfica contemporánea
Este proxecto, titulado “Libro en branco: Espazos liminais na Gráfica Contemporánea”, busca crear un “libro en branco” que recolla de xeito colectivo algunhas dimensións invisibles subxacentes a toda obra de arte contemporánea baseada no concepto e a práctica do “orixinal múltiple”, reflexionando e revelando desde un punto de vista subxectivo todo aquelo que non se percibe a simple vista.
Sumerxímosnos no que denominamos “presencias blandas, fluidas ou mutantes” de certos conceptos fundamentais da gráfica a través do diseño editorial e a creación dun libro de artista. A gráfica tradicional proxéctase cara o futuro a través da análise de conceptos base que a miúdo non se manifiestan de maneira evidente nas produccións gráficas contemporáneas, pero que permanecen latentes na súa esencia xeradora.
Nun mundo cada vez mais interconectado, onde a volatilidade, a incertidume, a complexidade e a ambigüedade son as características cotiás, buscamos presentar unha rede interconectada e sistémica o suficientemente adaptable para abarcar o pasado, o presente e o futuro dos diversos fenómenos que rodean estos espazos liminais da gráfica.
O noso obxectivo é axudar a desentrañar este sistema relacional, presentando de maneira múltiple e colectiva a complexidade e relevancia dos conceptos fundamentais do mundo gráfico e a súa evolución na gráfica contemporánea. Para logralo, dende el grupo d×5 buscamos reparar nese ciclo transdisciplinar de repetición e transformación, de explosión e implosión de distintos conceptos e creaciónss contemporáneas que abordan a esencia interrelacional da gráfica actual.
ficha técnica
Autor: Almudena Fernández Fariña, Ana Soler Baena, Anne Heyvaert, Antía Iglesias, Carlos Fer, Dennise Vaccarello, José Andrés Santiago Iglesias, Marco Moreira, María Prada, Rebeca Lar, Sara Coleman, Tamara Casanova, Tatiana Lameiro-González
Data de 1ª Edición: 2023
ISBN: 978-84-09-55761-5
Edita: Grabado y edición
Publica: dx5
Medidas: 17 x 23 cm
Impresión: Cuatricromía
Encuadernación: Rústico
Idioma: Castelán
Prezo: gratuito