_libro en branco
espazos liminais na gráfica contemporánea
_ materia
Creación na fronteira
_ especialidade
_libro en branco:
Espazos liminais na gráfica contemporánea
Este proxecto, titulado "Libro en branco: Espazos Liminais na Gráfica Contemporánea", busca crear un "libro en branco" que recolla de xeito colectivo algunhas dimensións invisibles subxacentes a toda obra de arte contemporánea baseada no concepto e na práctica do "orixinal múltiple", reflexionando e revelando desde un punto de vista subxectivo todo o que non se percibe a simple vista.
_orixe
A gráfica, desde os seus inicios, foi concebida como un sistema complexo, resultado da interacción dos seus compoñentes ou axentes involucrados. Na actualidade, entender este sistema no seu conxunto lévanos á creación dun significado enriquecido e más completo do que representa a gráfica contemporánea. Cremos que nos espazos liminais que emerxen na fronteira do imperceptible é onde se forxan as interesantes sinerxias que caracterizan á nova gráfica de campo expandido. Durante dúas décadas, o grupo d×5, dedicado á investigación en arte gráfico contemporáneo, habitou esta vasta fronteira, combinando a investigación teórico-conceptual coa artístico-práctica e a científico-técnica.
_enfoque
Nun mundo cada vez mais interconectado, onde a volatilidade, a incertidume, a complexidade e a ambigüedade son as características cotiás, buscamos presentar unha rede interconectada e sistémica o suficientemente adaptable para abarcar o pasado, o presente e o futuro dos diversos fenómenos que rodean estos espazos liminais da gráfica. O noso obxectivo é axudar a desentrañar este sistema relacional, presentando de maneira múltiple e colectiva a complexidade e relevancia dos conceptos fundamentais do mundo gráfico e a súa evolución na gráfica contemporánea. Para logralo, dende el grupo d×5 buscamos reparar nese ciclo transdisciplinar de repetición e transformación, de explosión e implosión de distintos conceptos e creaciónss contemporáneas que abordan a esencia interrelacional da gráfica actual.
_sobre el contenido
Sumerxímonos no que denominamos “presencias blandas, fluidas ou mutantes” de certos conceptos fundamentais da gráfica a través do diseño editorial e a creación dun libro de artista. A gráfica tradicional proxéctase cara o futuro a través da análise de conceptos base que a miúdo non se manifiestan de maneira evidente nas produccións gráficas contemporáneas, pero que permanecen latentes na súa esencia xeradora