_espazos téxtiles
habitando a interface

_ materia

Arte Contemporánea

_ especialidad

Téxtil
Escultura branda
Instalación téxtil
Arte téxtil

_espazos téxtiles: habitando a interface :

Espazos Téxtiles: Habitando a interface é a derradeira publicación do grupo de investigación dx5 digital & graphic art research, baixo a autoría da Dra. Sara Coleman e editado pola Dra. Ana Soler, no que se propón unha reflexión sobre os espazos téxtiles e de xeito específico a través da instalación téxtil na arte contemporánea. A publicación investiga a relación que se da entre corpo e espazo a través dos `modos téxtiles´. Un enfoque que se basea no modelo tecnolóxico téxtil que os filósofos Giles Deleuze e Félix Guattari propoñen no seu libro Mil Mesetas: Capitalismo e esquizofrenia (1980), a través do cal a autora plantexa a hipótese de que o téxtil é reflexo dunha estrutura de pensamento que sucede a través dunha relación material entre corpo e espazo, onde o tecido se sitúa como interface. No libro analízanse mais de 200 obras de artistas pioneiros e contemporáneos que veñen traballando cos téxtiles desde a súa procesualidade de hapticidade, para por de relevo cómo os `modos téxtiles´ funcionan como modo de pensamento vincular e interface espacial

_a orixe

Espazos téxtiles: Habitando a interface xurde da adaptación da tese doutoral defendida na Universidade de Vigo en febreiro do 2023 pola Dra. Sara Martínez Pérez-Coleman e dirixida pola Dra. Ana Soler, a cal obtivo a calificación Sobresaínte Cum Laude e Mención Internacional. No ano 2024 publícase o libro co apoio do grupo de investigación dx5 e Dardo. Organismo financiador: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axudas do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas. Modalidade: Grupos de Referencia Competitiva.

_o concepto

Atendendo á lóxica vincular que encerran os `modos téctiles´e baixo un enfoque materialista, este ensaio parte da idea de que o téxtil é o reflexo dunha estrutura de pensamento que sucede a través dunha relación material entre corpo e espacio, onde o tecido se sitúa como interface. Unha concepción que se sustentou non só na análise de numerosas obras instalativas e escultóricas, senón na propia práctica artística da autora (recollida nesta publicación) e que serviu como punto de partida para plantexar un estudo onde teoría e praxis se entretecen entre sí de maneira indisolúbel. Trátase, polo tanto, dun estudo que parte do “facer” e comprende os téxtiles dende a súa propia complexidade entretecida, plantexando o tecido como proceso e como linguaxe material vincular e espacial, chegando a plantexar unha ontoloxía procesual do tecido.

“[…] concebindo os téxtiles dende a súa procesualidade e materialidade, o presente ensaio propón entender os `modos téxtiles´como potentes operadores maquínicos de múltiples textualidades, que xeran e conceptualizan un modus operandi complexo e entramado, de ambivalencia estrutural e de carácter transdisciplinar.”

_contido

A primeira parte do libro mergúllanos na procesualidade espacial téxtil para, a partires de aí, establecer unha relfexión e unha re-conceptualización do tecido desde a contemporaneidade; nun primeiro momento sentando as bases do tecido como sistema interrelacional complexo e nun segundo momento vinculándoo con diferentes campos disciplinares, tales como a filosofía, a socioloxía, a antropoloxía, a psicoloxía ou a escritura. Polo que este ensaio parte dun enfoque transdisciplinar.
A continuación, e co obxectivo de analizar as interrelacións que se dan entre corpo e espazo a través dos `modos téxtiles´, establécese un sistena vectorial conformado por tres vectores: vector corpo-espazo, vector pel-tecido e vector tecido-prenda-casa, a través dos cales se estudan diferentes obras que poñen de manifesto as interrelacións que se dan entre eles. O que, a súa vez, levará á autora a conceptualizar os téxtiles instalativos como esa cuarta pel simbólica onde se entretecen todos os vectores anteriormente mencionados.

Por último, realízase unha exploración de numerosas obras instalativas contemporáneas que traballan a xeración de espazos hápticos a través dos `modos téxtiles. Unha exploración que, sen a intención de categorizar ou compartimentar as obras analizadas, se organiza conforme a tres modelos: o modelo reticular, o modelo rizomático e o modelo rede, establecendo vinculacións non lineais entre eles e que, finalmente, nos situarán ante a pregunta: “na actualidade, ¿estamos asisrindo a un novo modo téxtil que vai mais alá do modelo rede?”
Polo que, a través desta publicación, adentrámonos nunha viaxe que nos irá levando dende o tectónico ao topolóxico, dende o reticular ao rizomático, nun deslocamento que sinala o paso dado do estático ao dinámico, do ríxido e estruturado ao brando, flexible e modulable. En defiitiva, do espazo estriado sedentario ao espazo liso nómada (en termos deleuzianos-guattarianos), ata chegar ao entrecruzamento que sucede entre eles.

“Esta publicación intentou aportar unha comprensión renovada aos téxtiles que, indo mais alá das lecturas imperantes, se aproximou a eles dende a súa propia complexidade entretecida, chegando a plantexar unha ontoloxía procesual do tecido. Ao mesmo tempo, que nos permitiu articular unha teoría material do espazo a través dos modos téxtiles.”

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies