_(encuentros) de interacción gráfica
Originalidad en la cultura de la copia

_ materia

Creación na fronteira

_ especialidade

Arte e deseño

encuentros de interacción gráfica

"(encuentros) de interacción gráfica. Originalidad en la cultura de la copia" nace da realización do ciclo de conferencias do mesmo nome, entre os días 14 e 16 de decembro de 2011 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

_ a autoría

Nesta publicación recóllense as intervencións dos investigadores e investigadoras principais do proxecto «Originalidad en la cultura de la copia», do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea da Universidade Autónoma de Ciudad Juárez (Chihuahua, México) e os e as integrantes do grupo dx5. Os investigadores e investigadoras principais do proxecto, Carles Méndez Llopis e Hortensia Mínguez García, directores do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea, foron convidados para impartir senllas conferencias na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. De maneira paralela a este evento, tivo lugar unha reunión de investigación entre os e as integrantes de ambos os equipos para avanzar en novas propostas e futuras colaboracións internacionais.

O ciclo de conferencias, que contou tamén coa participación de varios e varias docentes do grupo dx5 (Ana Soler, Kako Castro, Anne Heyvaert e José Andrés Santiago), tomou como punto de partida observar e cuestionar o concepto de «orixinalidade» na época dixital. Cando todo obxecto, texto e idea pode ser hiperreproducido e difundido, cando as copias poden ser orixinais e o orixinal pode ser unha copia, é o punto de partida dunha confrontación teórica e unha convivencia práctica.

Esta publicación xorde para dar continuidade ás propostas expostas e ofrecer unha plataforma para ampliar os temas abordados nas sesións teóricas

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies