• 2024
  • Durante os meses de maio e xuño de 2024 o grupo dx5 presenta o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira: “O múltiple que ocupa o espazo”, un proxecto global multisede co obxectivo de crear un espazo reflexivo en torno ao concepto do múltiple e a gráfica de campo expandido. Despregándose en 5 ramificacións, o foro aglutina varios formatos expositivos e un ciclo de conferencias baixo os títulos: Sinerxias, Simbiose, Xerminal, Interferencias e Resonancias. O proxecto conta coa colaboración da Fundación RAC, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o Vicerreitorado do Campus de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Coordinación técnica por Vaciocero.

  • 2023
  • Do 23 al 26 de novembro de 2023 o grupo Dx5 asistiu á Feria Internacional de Grabado FIG no Palacio Euskalduna de Bilbao cunha proposta expositiva titulada “Blanco sobre blanco” concebida como obra site-specific na que participaron os membros do grupo de investigación Ana Soler, Anne Heyvaert, Almudena Fernández Fariña, José A. Santiago, Antía Iglesias e Carlos Fer.  Ademais, o día 23 tivo lugar unha conferencia na que se reflexionou sobre a frontera conceptual e formal da gráfica contemporánea así como a presentación da última publicación do grupo “Libro en blanco: Espacios Liminales de la Gráfica Contemporánea”

  • O 2 de outubro de 2023, levouse a cabo o X Encontro de Interacción Gráfica, ‘O múltiple que ocupa o espazo: habitando o público’ organizado polo Grupo Dx5 e coordinado por Antía Iglesias e Carlos Fer. As tres artistas e investigadoras invitadas foron: Sabrina Fernández Casas, exalumna da Facultade de Belas Artes e residente en Ginebra, Suíza; Ampparito, artista urbano residente en Madrid, España e Paz de la Calzada, artista residente en San Francisco, USA. As conferencias e o debate moderado por Carlos Fer, realizáronse no Esparzo 16 da Facultade de Belas Artes.

  • O pasado 27 de setembro de 2023, levou se a cabo o IX Encontro de Interacción Gráfica, organizado polo Grupo Dx5 e coordinado por Ana Soler. A investigadora Analía Segal, da School of Art do Pratt Institute en Brooklyn, visitou a Facultade de Belas Artes e realizou unha presentación da súa obra e da súa traxectoria. O simposio, ubicado na Casa das Campás, no campus de Pontevedra achegou aos asistentes ao proceso creativo da artista e á súa relación coa arte gráfica expandida.

  • O pasado 15 de setembro de 2023, o grupo Dx5 realizou o VIII Encontro de Interacción Gráfica. A presentación e simposio coordinado por José Andrés Santiago levouse a cabo no Espazo 16 da Facultade de Belas Artes, da Universidade de Vigo. Neste evento, Estudios de anime: do obxecto ás humanidades dixitais, presentouse a versión española del libro Estudios de anime: Aproximaciones a Neon Genesis Evangelion desde una perspectiva de medios  coa intervención de varios autores do libro e os responsables do proxecto: Oscar García Aranda (Universitat Autònoma de Barcelona), Zoltan Kacsuk (Stuttgart Media University), Magnus Pfeffer (Stuttgart Media University), Alba Torrents (Universitat Autònoma de Barcelona) e os membros do grupo José Andrés Santiago e Ana Soler.

     

  • O grupo dx5 celebra o 28 de Febrero de 2023 o VII Encontro de interacción gráfica A metáfora da pel: sobre o proceso proxectual. Coordinado por Ana Soler Baena e Lola Dopico, a master class impartida pola artista Andrea Saltzman, levouse a cabo no Espazo do Cubo 1 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo. Como una colaboración entre o Máster de Deseño e Dirección creativa en Moda e o Departamento de Debuxo de Belas Artes, o evento transcorreu tentando profundizar  na relación corporal entre pel e tecido.

     

  • O grupo dx5 celebra o 27 de Febreiro de 2023 o VI Encontro de interacción gráfica O múltiple que ocupa o espacio: Arte múltiple e instalación con Carles Méndez. Coordinado por Ana Soler Baena e Anne Heyvaert, o encontro de investigadores levouse a cabo no Espazo de Investigación do Departamento de debuxo, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo. Carles Méndez, como poñente invitado, profundizou na complexidade, desprazamento e expansión da gráfica contemporánea.

  • O grupo dx5 publica a edición en español de Estudios Estudios de Anime: Aproximaciones a Neon Genesis Evangelion desde una perspectiva de medios editado por Satori Ediciones e coordinado por José Andrés Santiago Iglesias e Ana Soler Baena. A publicación está dispoñible á venda las librarías de España e a través da editorial Satori.

  • O grupo Dx5 recibe o pasado 20 de xuño de 2022 a visita do investigador e creador Enrique Leal, da Universidade de Santa Cruz de California. No esparzo do grupo Dx5 no departamento de Debuxo, o artista realizou un percorrido e introdución á súa obra artística. O V Encontro de Interacción Gráfica, de man de Leal, profundiza nas últimas creacións do artista no mundo da gráfica (expandida)

  • 2022
  • O grupo dx5 celebra o 24 de Outubro de 2022 outro dos Encontros de interacción gráfica O múltiple que ocupa o espazo: Arte múltiple e instalación, en Pontevedra, A Casa dás Campás. Coordinado por Ana Soler Baena e Anne Heyvaert. Cóntase coa intervención de Vanesa Gallardo da Universidade de Salamanca, Elena Jiménez, artista multidisciplinar, Anne Heyvaert, Almudena Fernández Fariña e Sara Coleman da Universidade de Vigo. De forma paralela, organízase a exposición Primum movens, con obras de Marco Moreira e comisariada por Anne Heyvaert na Fundación RAC, Pontevedra, do 21 de Outubro ao 04 de Novembro de 2022.

  • O grupo dx5 celebra o IV Foro Internacional de Creación na Fronteira Manga in a postdigital environment,, o 30-31 de Maio de 2022 en Pontevedra, Casa dás Campás. Coordinado por José Andrés Santiago Iglesias. A lista de participantes inclúe a investigadores internacionais de institucións como:  Stockholm University, Beykoz University, Yokote Masuda Manga Museum, HU University of Applied Science Utrecht ou Sttutgart Media University entre outras.

  • 2021
  • O grupo dx5 publica o libro Anime Studies: Media-Specific Approaches to Neon Genesis, editado por Stockholm University Press e coordinado por José Andrés Santiago Iglesias e Ana Soler Baena. Este é o segundo volume da colección Stockholm Studies in Media Arts Japan, coordinada por Jacqueline Brendt. A publicación completa está dispoñible en inglés, en formato open-access, polo que se pode descargar en diferentes formatos de xeito gratuito dende a web de Stockholm University Press.

  • 2020
  • O grupo de investigación dx5 e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra organizan o seminario de fotogravado ‘A imaxe transferida’. As xornadas tiveron lugar os días 11, 12 e 13 de Marzo e contouse coa presenza de Juan Lara, director de Ogami Press, centro de experimentación de técnicas gráficas contemporáneas.

  • 2019
  • Organización da 7ª edición do Workshop Internacional Mutual Images «Painting East: Artistic Relations Between Japan and the World [Artists, Aesthetics, Artworks]» en colaboración con Mutual Images Research Association. Analiza influencias entre Xapón e Europa desde diferentes perspectivas e campos de estudo.

  • Organización do V Foro Internacional de Creación na Fronteira, un simposio académico titulado «Anime. Unha perspectiva transdisciplinaria» contou coa participación de persoas expertas internacionais en análises de teorías animéticas procedentes de belas artes, estética, historia da arte, socioloxía, narratoloxía, filosofía, estudos culturais e literatura comparada.

  • 2018
  • O grupo de investigación dx5 participa cun panel específico nas conferencias organizadas en IMPACT 10 Encontro, a 10ª edición da Conferencia Internacional Multidisciplinaria de Gravado creada pola University of the West of England, que tivo lugar en Santander entre os días 1 e 9 de setembro.

  • O grupo dx5 publica o libro «De la Imagen al Papel. Hacia la impresión perfecta»,, de Juan Adrio e Kako Castro, en colaboración coa editorial chilena (e)ikon e a Fundación para el Estudio de la Imagen y Visualidad Contemporáneas iViCON.

  • Ten lugar no espazo Lab_in de Vigo a 5ª edición dos (Encuentros) de Interacción Gráfica, que baixo o título «De la imagen al papel» recolle varios relatorios sobre ultrafotografía, xestión de cor, narrativa gráfica e deseño consciente.

  • 2017
  • Como resultado do proxecto de interacción gráfica «El pliego/Lle pli/A folder», publícase un libro de artista colectivo elaborado a partir da idea do seu módulo base: o prego, que reúne unha selección de 189 artistas, estudantes e profesorado vinculados a talleres e a grupos de investigación en arte gráfica e edición de 17 universidades e centros de formación de Europa, América e Asia.

  • Exposición do proxecto «El pliego/Lle pli/A folder» en 17 centros ou espazos expositivos de todo o mundo (Arxentina, Bélxica, Canadá, Dinamarca, España, Estados Unidos, Francia, México, Portugal, Serbia e Taiwán).

  • Comeza o proxecto de investigación titulado «Explorando nuevos territorios gráficos desde unha perspectiva transdisciplinar. Cómic de campo expandido, el hiperlibro de artista y teorías animéticas contemporáneas», un proxecto trienal financiado ao abeiro das axudas competitivas concedidas polo Ministerio de Economía e Competitividad. O obxectivo principal do proxecto é o de proporcionar un marco teórico e conceptual sólido ao campo da banda deseñada en español.

  • 2016
  • O grupo dx5 organiza o III Encuentro Internacional de Interacción Gráfica e Edición, baixo o título «El pliego/Lle pli/A folder». Esta convocatoria dá continuidade a proxectos de interacción gráfica anteriores: «A Miniatura» (2010-2012) e «Comptines, Rimas polo mundo» (2014-2015).

  • 2015
  • Publícase o libro «Multiple[x], Complejidad y Sostenibilidad», unha publicación ecléctica que recolle as principais conclusións do proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, no que se reflexiona sobre a noción do complexo como metodoloxía de investigación e produción na arte múltiple contemporánea, todo iso desde a perspectiva da sostibilidade.

  • O grupo dx5 organiza en Pontevedra un triple simposio internacional, e é o primeiro evento o taller titulado «Multiple[x] arte y sostenibilidad. Estéticas complejas e imágenes técnicas», coa colaboración de Guillermo Yáñez Tapia e Denise Najmanovich.

  • Ten lugar o «III Foro Internacional de Creación en la Frontera», que co título «Multiple[x] arte y sostenibilidad. Interacción social y gestión responsable», acolleu as intervencións de David Barro e Boa Mistura para desenvolver temas como a capacidade transformadora da arte no espazo social e público.

  • Conclúe o terceiro simposio organizado arredor do proxecto «Multiple[x] complejidad y sostenibilidad». Baixo a epígrafe «produción e coleccionismo», o IV Foro Internacional de Creación en la Frontera organizado polo grupo dx5 contou coa participación de José María de Francisco Guinea e Javier Duero para debater sobre o coleccionismo, a produción de coñecemento e a transformación nas formas de producir, distribuír e consumir cultura.

  • 2014
  • Ten lugar en Pontevedra o II Foro Internacional de Creación en la Frontera, organizado polo grupo dx5, co título «Complejidad como metodología. Del libro de artista a las nuevas formas de arte múltiple», e no que participan como relatores Javier Tudela, Leszek Brogowski, Anne Heyvaert, Kako Castro, Eloy Puig e Alberto Valverde.

  • Complétase a edición e o lanzamento da versión dixital, en formato libro electrónico interactivo, de Ánodo-Cátodo, microcosmos de la gráfica. La memoria química esculpida por electrones.

  • 2013
  • Publícase o libro «Ánodo-Cátodo. Electrólisis y Galvanografía. La Memoria Química Esculpida por Electrones», que recolle as conclusións e os logros científicos do proxecto de investigación para o uso de sistemas de xeración de matrices mediante técnicas electrográficas e de galvanoplastia, grazas a unha axuda para o financiamento de proxectos da Consellería de Innovación e Industria (dentro do programa INCITE da Xunta de Galicia).

  • Os e as integrantes do grupo dx5 organizan unha mesa redonda sobre a situación da gráfica contemporánea de campo expandido no espazo Intermediæ, no marco da feira de Estampa Arte Múltiple. Preséntase o portfolio «Critical Mass» comisariado por Richard Noyce, coa participación de Alicia Candiani, Richard Noyce, Isabel Elorrieta, Alfonso Crujera, Kako Castro, Ana Soler, Anne Heyvaert e José Andrés Santiago.

  • Preséntase o proxecto editorial «The Print Factory II. El espacio del libro», no Ars Santa Mónica (Barcelona), no marco da feira Art Libris. A presentación estivo acompañada dunha mesa redonda e dun debate arredor do estado actual da gráfica e as posibilidades do libro de artista como soporte contemporáneo.

  • Ten lugar na Fundación BilbaoArte o seminario titulado «Gráfica de Campo expandido» impartido por Ana Soler.

  • O grupo dx5 participa nas Xornadas de Innovación Educativa 2013 organizadas pola Universidade de Vigo a través da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade (os días 16 e 17 de decembro de 2013) para impulsar o intercambio de experiencias innovadoras entre o profesorado universitario.

  • Sae á venda «The Print Factory II. El Espacio del Libro», El espacio del libro», o segundo volume da liña editorial e investigadora homónima, que nesta ocasión recolle traballos de artistas e de alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en formato libro de artista ou libro- arte.

  • 2012
  • Exposición do proxecto «Originalidad en la Cultura de la Copia», durante os meses de xuño e xullo de 2012 no Chiayi Cultural and Creative Industries Park, un espazo expositivo coordinado polo Ministerio de Cultura de Taiwán.

  • 2011
  • Celebración do I Foro Internacional de Arte Múltiple. Feira Internacional de Estampa Arte Múltiple. Evento organizado polo grupo dx5 por invitación da dirección de Estampa Arte Múltiple, en colaboración co IAC (Instituto de Arte Contemporánea, Madrid) e a Fundación Telefónica.

  • Presentación do libro «On Minded Prints. Gráfica Contemporánea de Campo Expandido» —coordinado polo grupo dx5 e publicado pola editorial Comanegra– que propón unha selección de 86 artistas españois de prestixio internacional, máximos representantes da gráfica contemporánea de campo expandido. A selección de artistas realizouse en colaboración con cinco comisarios españois de primeiro nivel (Javier Blas, Rafael Doutor, Iván da Torre, Miguel Cereceda e Santi Eraso).

  • Participación do grupo dx5 nun ciclo de conferencias e presentación do libro «Manga. Del Cuadro Flotante a la Viñeta Japonesa» en Madrid, nun evento organizado por Casa Asia.

  • Sinatura do Convenio MARCO de colaboración entre o grupo de investigación dx5 da Universidade de Vigo e Estampa Arte Múltiple.

  • en Pontevedra da primeira edición dos Encuentros de Interacción Gráfica, baixo o título de «Originalidad en la cultura de la copia». Un ciclo de conferencias organizado polo grupo dx5 na Facultade de Belas Artes, en colaboración con Carles Méndez Llopis e Hortensia Mínguez García, investigadores principais do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea, da Universidad Autónoma de Ciudad Juárez (Chihuahua, México).

  • 2010
  • Ponse á venda o libro «Manga. Del Cuadro Flotante a la Viñeta Japonesa», escrito por José Andrés Santiago e editado por Comanegra. Esta monografía trata sobre o manga e o seu impacto sociocultural e económico no mundo occidental.

  • O grupo de investigación dx5 viaxa ata Barcelona para presentar o libro «Manga. Del Cuadro Flotante a la Viñeta Japonesa» e participar con varios relatorios no ciclo de conferencias do XVI Salón del Manga de Barcelona, en colaboración con FICOMIC e Casa Asia.

  • Teñen lugar en Pontevedra as primeiras xornadas de «Arte & Diseño. Art & Design. Entre la función y el sentido. Creación en la frontera», un ciclo de conferencias internacionais organizadas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra polo grupo dx5, con relatores e relatoras nacionais e internacionais, entre os que se atopaban os diseñadores Jan Mast e René Veenhuizen.

  • Publícase unha pequena monografía que, baixo o título «At the edge. Creación en la frontera», recolle os principais descubrimentos e conclusións das xornadas de Arte e Deseño.

  • Presentación dos libros «Printmaking Beyond the Edge» y «Critical Mass», xunto a un relatorio a cargo do autor Richard Noyce, crítico especialista en gráfica contemporánea (Gales, Gran Bretaña).

  • Publícase o libro «De la huella a lo numérico. De l’empreinte au numérique»,en colaboración co ARC Princeps do a École Superieure de L ́Imaxe de Angôuleme (Poitiers, Francia). De la huella a lo numérico é unha publicación que pon en relación diversas propostas visuales de alumnado, ex-alumnado, profesorado e artistas convidados das dúas escolas participantes, para reflexionar sobre as posibilidades teórico-conceptuais e artístico-prácticos da gráfica contemporánea no contexto franco-español.

  • 2009
  • O grupo dx5 pon en marcha a revista dixital«On Minded Prints», que ocupa a cabeceira da web do grupo e que se reivindica como un espazo para artigos de investigación, divulgación e opinión sobre o mundo da gráfica contemporánea de campo expandido.

  • Sae á venda o libro «The Print Factory I», editado por Comanegra, e no que participan artistas gráficos españois de contrastado prestixio, formados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

  • 2008
  • Ponse en marcha a páxina web do grupo dx5 digital and graphic art_research!

  • Publícase o libro «A DIng in Japan», da man da editorial Comanegra. «A DIng in Japan» é o froito das diferentes estadías de investigación de tres dos membros do grupo dx5 en Xapón entre os anos 2003 e 2008, e recolle, desde a impronta característica de cada un, un singular mosaico de fragmentos de realidade que retratan o día a día da sociedade xaponesa contemporánea.

  • O grupo de investigación dx5 participa cun panel específico sobre Xapón e a cultura pop no ciclo de conferencias «Otras miradas de Japón», organizado polo MACUF (Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa) da Coruña.

  • Visita, obradoiro e conferencia do artista Jordi Boldo e dos representantes en España da Fundación Mexicana Vermello Urbiola.

  • Ten lugar un obradoiro e unha conferencia co artista Moo Chew Wong, especialista en pintura e gráfica contemporánea, e profesor de gravado na Vila Arson (Niza, Francia).

  • 2007
  • Publícase o libro «Mapas Invisibles para una gráfica electrónica. De la huella incisa al grabado con luz», asinado por Kako Castro e editado por Comanegra.

  • Inícianse as primeiras probas do proxecto «OUT-PUT PRE-PRINT IMAGE INTERFACE», un sistema de hardware/software que permite controlar e xestionar, mediante unha tarxeta moedeiro, o consumo de tintas nunha impresora dixital de gran formato. Iso permite, á súa vez, axustar os custos a píxeles e cores, co que cada persoa sabe na fase de preimpresión cal vai ser o consumo exacto en mililitros que vai ter determinada imaxe unha vez impresa. Neste proxecto colaboran o grupo de investigación dx5, INEDIT, a Universidade de Vigo e o BSCH.

  • 2006
  • Publicación do libro «Impresión Piezoeléctrica. La Estampa Inyectada. Algunas Reflexiones en torno a la Gráfica Digital», editado en colaboración con EPSON Ibérica S. A. presentado no marco da Feira de Estampa’06.

  • Todos os e as integrantes do grupo dx5, xunto cunha selección de artistas internacionais especializados no uso de técnicas gráficas, participan nunha exposición colectiva no posto B20 [EPSON-dx5] de Estampa’06, o Salón Internacional del Grabado e Edición de Arte Contemporánea de Madrid.

  • Preséntase os principais descubrimentos do proxecto sobre impresión piezoeléctrica nun panel do ciclo de conferencias de Estampa’06, que ten lugar no Pabellón de Cristal da Casa de Campo (Madrid).

  • Inícianse as primeiras probas de campo dun novo proxecto centrado no gravado non tóxico, buscando como adaptar fotopolímeros e diazos para realizar matrices mediante procedementos non tóxicos; é dicir, sen a necesidade de mordentes acedos.

  • O grupo dx5 obtén a certificación como primeiro espazo de investigación coa certificación Digigraphie® by Epson.

  • 2005
  • Sinatura do contrato de investigación entre o grupo dx5 e EPSON Ibérica S. A. , titulado «Aplicación de las impresoras Epson gran formato a la gráfica en Belas Artes». Cofinanciado por Epson e a Universidade de Vigo, e con referencia CO-12705, este proxecto centrouse en investigar sistemas de impresión dixital mediante o uso de plotters de gran formato, sobre soportes tradicionais de belas artes e novos papeis ideados para estes equipos, con tecnoloxía de cabezais micropiezoeléctricos de inxección por demanda e goteo variable.

  • Empezan as primeiras probas para adaptar un láser de corte e abrasión industrial, para gravar placas e matrices a partir de imaxes de mapas de bits, no canto dos trazados vectoriais habituais neste tipo de aparellos.

  • Ten lugar no taller de gráfica da Facultade de Belas Artes de Ponetevedra o curso Estampaxe oriental e Ukiyo-e, de tres días de duración, a cargo da artista e investigadora convidada Chang-Chia-Yu, profesora do Departamento de Belas Artes da National Chiayi University de Taiwan.

  • 2004
  • Nace o grupo de investigación dx5-digital and graphic art_research, e empeza a traballar baixo a liña de investigación «Aplicaciones de nuevas tecnologías al grabado y estampación con fines artísticos».

  • Execútase o primeiro proxecto financiado, consistente no rexistro audiovisual do emprego de técnicas tradicionais na docencia de gravado e estampaxe en Belas Artes. Destinados aos fondos da biblioteca da Facultade de Belas Artes para a súa consulta, os catro vídeos, de 90 minuntos cada un, estaban editados con información textual sobreimpresa que facilitaba a comprensión das técnicas empregadas (cabeceiras con explicacións textuais, esquemas, foto fixa, análises microscópicas etc.).

  • Publicación e presentación oficial do libro «Inter(medios)_La Matriz Intangible», como parte do proxecto ARTECH 2004, máis amplo e no que colaboran diferentes grupos de investigación de varios centros asociados. ARTECH 2004 é unha iniciativa comunitaria dentro do plan INTEREG, para o desenvolvemento das áreas fronteirizas entre España e Portugal, subvencionado pola Unión Europea.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies