Tatiana Lameiro é artista plástico-visual, investigadora predoutoral e docente. Está graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2013), o Mestrado en dirección de arte en publicidade (2015), o Mestrado en profesorado (2014) con especialidade de arte e debuxo, e técnica superior en Imaxe (2001) e Deseño Gráfico (2002). Profesional con ampla experiencia no ámbito do deseño e da fotografía, as súas liñas de investigación céntranse na conceptualización do deseño gráfico e editorial, a imaxe fotográfica e a fronteira entre deseño e arte. Bolseira de pintura «Xavier Pousa» da Fundación Mondariz Balneario (Pontevedra), conta con varias exposicións individuais e colectivas, tanto nacionais coma internacionais, e obra en numerosas coleccións públicas e privadas. Participou en varios proxectos financiados en convocatorias públicas competitivas e como relatora nunha selección de congresos internacionais de primeiro nivel. Na actualidade traballa como investigadora no grupo de investigación dx5 digital and graphic art_research da Universidade de Vigo, especializada en gráfica contemporánea de campo expandido.