Sara Piñeiro é artista e investigadora. Tras graduarse en Belas Artes pola UVigo, realiza o Máster en Dirección de arte en Publicidade pola mesma universidade. Ese mesmo ano recibe a Beca de Colaboración con Departamentos e participa como alumna interna no Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Posteriormente traslada a Bilbao onde completa a súa formación realizando o Máster de Pintura da UPV/EHU e unha estancia dun semestre en Berlín no estudio de Regina de Miguel. Desde finais de 2023 é contratada predoctoral pola Xunta de Galicia no programa de Creación e Investigación en Arte Contemporáneo da UVigo e membro do grupo de investigación Dx5 [Digital & Graphic Art Research].