Marco Moreira é artista de orixe portugués e residente na Coruña en España, rematando o seu doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, en España. Licenciouse e fixo o máster en pintura pola Faculdade de Belas Artes da Universidade de Lisboa en Portugal. Ten experiencia nas áreas de Multimedia, Ilustración, Animación, Debuxo, Fotografía e Artes Visuais, destacando o Curso de Animación en debuxo realizado en 2009 no Centro de Imagem, Estudos, Arte e Multimédia de Faculdade de Belas Artes de Lisboa. Recibiu unha bolsa no programa Erasmus da Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, España, no curso 2009/10.

Participa habitualmente en múltiples exposicións individuais e colectivas, residencias e proxectos editoriais. Recibiu varios premios e bolsas, como unha bolsa de artista na residencia CREADORES 2018 de La Térmica en Málaga, España, unha bolsa na residencia do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) na Coruña, España e tamén una residência artistica no Viarco Fábrica de Lapis de S. João da Madeira, Portugal, en 2012. É coautor do produto ArtGraf nº1 comercializado e producido por esta empresa desde 2016.

Está representado pola galería Modulo – Centro Difusor de Arte de Lisboa e a súa obra está presente en diversas coleccións nacionais e internacionais. Desenvolve principalmente debuxo, escultura, fotografía e instalación.

marcomoreira.pt

info@marcomoreira.pt

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies