Artista plástica, educadora e investigadora. Dende 2018 é profesora na Facultade de
Belas Artes de Pontevedra. Doutora en Belas Artes pola Uvigo (2012) a súa tese xira a carón das relacións arte e espazo público. Participa en proxectos heteroxéneos como Fóra fai frío (2006), N-550 (2012), Festival de Arte Pública Kaldarte (2007, 2009, 2019 e 2020), Land Art Lapinjärvi (2018) e seminarios como Arte, Participación e Espazo Público (2024). En 2022 dirixe o curso A cidade como campo de xogo no MARCO. Actualmente é membro do proxecto Permoria que investiga a percepción social da arte
pública en España e Portugal.

Dende 2015 dirixe iniciativas nas que investiga as posibilidades creativas do libro de artista participando nas III Xornadas Didácticas das Artes: crear para ensinar (2022) e Arte en tempo real no Consello da Cultura Galega (2025). Paralelamente, coordinou diversas exposicións ao redor deste tipo de prácticas e publicou artigos sobre creación colectiva editando o libro Im-pulsos Creativos. Canles Alternativas de Creación Contemporánea (2019).

A súa obra pode atoparse en múltiples exposiciones recibindo diversos premios e mencións entre os que se atopan o Accésit de Pintura Otero Baena (2025), a Bolsa de Pintura Novos Valores (2007) ou as Bolsas da Fundación Mondariz Balneario (2005) e Rodríguez-Acosta (2004).

luciaromanifernandez@gmail.com