Licenciada na especialidade de Pintura e doutora en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Desde o ano 1995 é profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Artista e investigadora, desenvolve a súa actividade creadora e traballos de investigación no ámbito das artes plásticas, e pasa a formar parte do grupo de investigación dx5 digital and graphic art_research no ano 2005.
A súa obra está presente na escena artística contemporánea española. Conta cun amplo currículo de exposicións, individuais, con proxección internacional tales como Solaris, Museo Orto Botánico, Roma, 2015; Corintia, Fundación Laxeiro, Vigo, 2014; Corintia, Open Ateliers, Ámsterdam, 2012; Sellos botánicos, Casa de la Poesía del Estado de Falcón, Coro (Venezuela), 2009; Colección de Plantas, Casa de las 100 ventanas, Venezuela, 2009.
O seu traballo mostrouse tamén en múltiples exposicións colectivas entre as que destacan Rome UbqArt Exhibition, Casa Internazionalle delle Donne, Roma, 2015; Electronic Art Café, Piazza Farnese, Roma, 2015; Art Mennea day, Stadio delle Terme dei Caracalla, Roma, 2015; Eidos da imaxe, Marco, Vigo, 2014; a Miniatura 8.º Biennale International de Gravure contemporaine de Liège, Itinerante (Pontevedra, Bruxelas, Wavre, Quebec, Sao Paulo, Lieja, Belgrado, Parides), 2011.
Realiza tamén unha intensa actividade docente con participación en cursos, seminarios e congresos.