Carlos Fer (Carlos Fernández López) é artista plástico e investigador predoutoral na Universidade de Vigo. Gradúase en Belas Artes pola Universidade de Vigo co Premio Fin de Carreia da Xunta de Galicia e especialízase co Máster en Profesorado e o Máster en Debuxo e Audiovisuais, ambos pola Universidade de Granada. Foi bolseiro coas bolsas de Colaboración con Departamentos da Universidade (2018-2019) e coas Axudas Predoctorales Uvigo (2022-Actualidade). As súas achegas foron exhibidas en congresos internacionais como o Add+Art de Barcelona, o CSO de Lisboa ou exposicións como Novos Valores, Do final e do Comezo ou Gender Design. A súa experiencia profesional tamén recolle dous anos de docencia en a ESDIR de Logroño e na EASD Pablo Picasso da Coruña como profesor de Artes Plásticas e Deseño.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies