Antía Iglesias Fernández é artista, deseñadora e investigadora predoutoral. Graduada en belas artes pola Universidade de Vigo no 2019. Durante os anos de formación no grao, realiza unha estancia Erasmus en Kingston School of Arts, onde profundiza nas técnicas de monotipo, xilografía e serigrafía a través do libro de artista One hundred faces. Máster en direción de arte e publicidade pola Universidade de Vigo no 2020, onde realiza o proxecto editorial, fotográfico, tipográfico e obxectual, La Calma.

Dende o 2020, desenvolve a súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento en creatividade, innovación social e sostible, da Universidade de Vigo. Contratada predoutoral da Xunta de Galicia co proxecto Biomateriales y materia del medio natural gallego, aplicados al diseño, estampación y confección del objeto cotidiano. Neste proxecto estuda dende unha perspectiva multidisciplinar: 1. Aproximacións ao obxecto (ritual, artístico e cotiá) dende miradas de diferentes comunidades; 2. A exploración material con residuos vexetais a través de técnicas tradicionais e novas tecnoloxías e 3. A reprodución biomimética a través das técnicas gráficas manuais. No 2021 realiza unha estancia na Guayana Francesa co grupo de investigación L’UMR Eco Fog (Écologie des Forêts de Guyane) inscrito no CNRS (Centre National de Recherche Scientifique). Neste período investiga acerca da representación natural e a reprodución de texturas, procurando integrar as disciplinas artística e científica.

No seu traballo creativo e investigador interésanlle as confluencias entre arte e artesanía, arte e natureza, arte e ciencia, e reprensar os procesos gráficos en acorde cun deseño e unha arte máis sostibles.

antiaiglesias.com

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies