selo editorial

No ano 2004 e dentro do conxunto de actividades, encontros e xornadas celebradas no marco do proxecto ARTEC (dentro da iniciativa comunitaria INTEREG para o desenvolvemento das zonas fronteirizas de España e Portugal) o grupo dx5 organizou unha xornada gráfica, con motivo da cal -e para dar cabida tanto aos enfoques conceptuais como aos resultados plásticos derivados dela – naceu o libro La matriz intangible. Inter (medios), que reflexiona dende unha perspectiva teórico-práctica sobre a relación entre a gráfica contemporánea e a tecnoloxía, converténdose así na primeira publicación do grupo dx5.

Desde a súa creación, un dos principais obxectivos do noso grupo, foi acompañar cada un dos diferentes proxectos de investigación que sobre arte gráfica contemporánea cunha publicación anual específica. Fieis a este compromiso, desde 2004 viron a luz as restantes publicacións que levan a firma do grupo dx5. A consolidación deste “selo editorial” propio do dx5 tamén terminou por converterse nun símbolo de calidade contrastada e recoñecemento en diferentes ámbitos da arte contemporáneo español e internacional.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies