Preséntase o proxecto editorial «The Print Factory II. El espacio del libro», no Ars Santa Mónica (Barcelona), no marco da feira Art Libris. A presentación estivo acompañada dunha mesa redonda e dun debate arredor do estado actual da gráfica e as posibilidades do libro de artista como soporte contemporáneo.