Rebeca Lar (Rebeca López Villar) é artista plástica e investigadora. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo con Premio Fin de Carreira (2015) e Máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación (2016).
Actualmente, está rematando os seus estudos de doctorado, así como o Máster en Profesorado (UVigo) e o Grao en Lingua e Literatura Españolas (UNED).As súas liñas de investigación teórico-artísticas céntranse na linguaxe, a memoria e os estudos de xénero.
Durante a realización da súa tese de doutoramento, que ten que ver coa figura da bruxa na creación audiovisual contemporánea, elaborou unha serie de obras de carácter feminista co bruxesco feminino como
marco conceptual. Así, expuxo individualmente en varios espazos do contexto galego e participou en mostras colectivas a nivel internacional.
Na súa traxectoria artística e investigadora obtivo diversos recoñecementos nos eidos da arte contemporánea, poesía, ensaio, pintura, escultura, fotografía e investigación con perspectiva de xénero.
Os seus proxectos máis recentes están apoiados polas bolsas de creación artística Injuve (Ministerio deDereitos Sociais e Axenda 2030) e Novos Valores (Deputación de Pontevedra), e teñen que ver coas pegadas da memoria histórica en Galicia.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies