Esta publicación é o resultado do proceso de evolución reflexiva e maduración de pensamento desenvolvido no últimos tres anos polo grupo de investigación dx5 dixital & graphic art_research da Universidade de Vigo, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. HARD 2011-29757) e que profunda sobre dous conceptos que consideramos que se dan na arte contemporánea dunha maneira moi interesante e que teñen, desde o noso punto de vista, unha perspectiva de futuro importante. Os conceptos son COMPLEXIDADE E SUSTENTABILIDADE.
Cremos que a evolución foi transcendental e viaxou nos últimos anos do único-unitario, pasouse ao dicotómico, do dual ao múltiple, e do múltiple ao complexo (pensamento e produción). Habitamos desde sempre nun mundo “complexo”, e é desde a comprensión dese concepto de complexidade dunha maneira responsable onde acharemos, desde o noso punto de vista, a clave para a sustentabilidade futura do sistema. A episteme baseada nos modelos simplificados de coñecemento, na nosa opinión, foi incapaz de resolver as inconsistencias e os paradoxos que constantemente se presentan a niveis tanto teóricos como prácticos.
Consideramos que a construción colectiva da experiencia achega percorridos máis ricos que tendan a ir aos poucos desterrando o mito da obxectividade jerarquizante, como un modelo anticuado. Nesta ecuación, igualmente consideramos que a interacción da arte coa ciencia e outras disciplinas do coñecemento, funciona como paradigma da disolución das fronteiras, actuando como un incentivador fundamental que nos sitúa nunha perspectiva multidisciplinar, para o maior avance de coñecemento. Explóranse temas relacionados coa arte múltiple para o terceiro milenio desde a visión da Complexidade e Sustentabilidade; queremos repensar a complexidade como metodoloxía de investigación e produción na arte múltiple contemporánea; o dialogo de arte e ciencia enfocado a esbozar un futuro máis sostible; a relación entre o PRODUTO e a SOCIEDADE; o papel das prácticas colaborativas e a xestión cultural responsable.
Reflexión, produción, mercado e consumo de arte múltiple desde a sustentabilidade.
A nivel formal, o libro é a suma de diferentes intervencións, pensamentos, reflexións de distintos especialistas convidados a colaborar no proxecto: como José Ramón Alcalá, Daniel Canogar, David Varro, Denise Najmanovich, Nicolas Frespech, Guillermo Yañez, Boa Mistura, Richard Noyce, Silvi Boulaguer, Javier Tudela… Foi nosa intención non encadernar dunha maneira tradicional a publicación como “libro” para non organizar nin jerarquizar os diferentes pensamentos. Realizouse mediante un sistema de cadernos pequenos separados co obxectivo de que sexa o lector o que organice a súa orde de lectura segundo as súas preferencias. Estes cadernos pequenos enmárcanse nunha caixa-contedor que establece o nexo de unión entre eles.
Deseñáronse gráficamente por separado como pezas independentes dun único sistema, o que deu lugar a un rico abanico de estéticas e formulacións gráficos e editoriais.
A nivel de produción reutilizáronse diferentes papeis dispoñibles no stock na empresa de Gráficas Anduriña (Poio, Pontevedra), contribuíndo con esta acción, por unha banda, á sustentabilidade material da producción editorial, e por outro, cunha clara intención de potenciar a diversidade e a convivencia de contrarios na complexidade.
ficha técnica
Autores: Varios autores
Coordinadores: Ana Soler, Anne Heyvaert and Kako Castro
Direción de arte: Tatiana Lameiro
Xunta editorial: Ana Soler Baena, Anne Heyvaert, María José Prada Rodríguez, Sheila Pazos and Tatiana Lameiro
Data de edición: setembro, 2015
ISBN 13: 978-84-16033-78-2
Editora: Grupo dx5 / Comanegra
Distriuido por: Comanegra
Dimensións: 17 x 23 x 4,6 cm
Cadernillos: 22
Impresión: cuatricromía. Estoxo laminado mate