_manga

Del cuadro flotante a la
viñeta japonesa

_ materia

Arte e cómic

_ especialidade

Cultura xaponesa manga

manga.

"Manga. Del cuadro flotante a la viñeta japonea" é unha extensa monografía sobre o manga xaponés que incide especialmente no ámbito sociolóxico. Ao longo de 600 páxinas abórdase non só a morfoloxía, sintaxe e categorización do cómic manga, senón tamén o seu percorrido histórico, o seu factor de influencia e a repercusión no seo da sociedade nipoa, e a súa imbricación noutras manifestacións culturais, así como o seu importante valor de mercado en todo o mundo. Este libro é o resultado dunha profunda investigación que satisfará tanto á persoa investigadora máis experimentada como á neófita entusiasta.

_el origen

O manga é a manifestación cultural máis importante no Xapón. Esta importancia non pode entenderse senón como consecuencia lóxica da súa omnipresenza en todas as facetas da vida diaria e laboral, tanto polo inxente volume de negocio que representa coma pola capacidade de impregnar outros medios: cinema, televisión, literatura, publicidade, educación, deseño ou moda. Manifestacións sumamente dispares e de diferente calado cultural únense ao manga en desigual simbiose para chegar á xente. Nesta transferencia radica un dos grandes potenciais e valores do manga: a súa capacidade para influír en manifestacións máis selectas ao ser un medio popular e de masiva diversificación.

¿Por que este éxito do manga? Quizais parte del estriba na súa especificidade xaponesa, na súa capacidade de conxugar, sen perder a súa identidade, o xenuinamente nipón cun crecente sentimento apátrida. O manga é un medio que mira cara a dentro –profundando na tradición histórica e cultural nipoa– pero tamén cara a fóra. A nivel artístico, Xapón sempre se recoñeceu pola tradición das súas pinturas e xilografías Ukiyo-e, pola poesía haiku, as artes marciais, a cerámica ou a filosofía zen. No último medio século o estandarte das manifestacións artísticas nipoas recaeu sobre a súa arquitectura, reflexo da simbiose existente entre o antigo e o novo, no deseño, a moda ou os xardíns, a miúdo todos eles recollidos en publicacións de arte nacional. A literatura e o cinema tamén foron recoñecidos dentro e fóra do Xapón, aínda que quizais en menor medida, por ser ambos os medios de expresión de maior difusión popular. Con todo, durante as últimas décadas veuse omitindo desta singular clasificación cultural a que sen dúbida é a súa manifestación principal, o manga, que hoxe en día moitas persoas consideran como o medio xaponés por antonomasia.
Nun sentido estrito, manga é o nome que recibe o cómic no Xapón. Con todo, tal e como se manifesta na investigación recollida nesta publicación, esta definición é moi concisa e non representa, senón de xeito superficial, a verdadeira dimensión da realidade á que alude.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies