hacia la impresiónperfecta la gestión del coloren el proceso artísticodel s. XXI
A procura dun proceso de reprodución da imaxe fotográfica en cor comeza no mesmo instante no que se consegue capturar a imaxe mediante un proceso fotoquímico. Dende a aparición da fotografía en 1827, ata hoxe, sucedéronse numerosos cambios nos usos de tecnoloxías de captura e de impresión. Ao longo da historia moitos científicos, eruditos e entusiastas investigaron de múltiples e variadas formas estes procesos desenvolvendo avances extraordinarios, dende os procesos de pantalla aditivos ata as últimas impresoras de inxección de tintas baseadas en pigmentos.
O traballo de moitos e moitas artistas atopou no uso das novas tecnoloxías un significativo campo de interese, que se fai visible na aplicación destes procesos ao campo artístico. Neste libro realízase unha análise dende a aparición da imaxe fotográfica ata o nacemento das máquinas e dos dispositivos electrónicos para capturar a imaxe numérica e a súa saída impresa en cor. Abórdase a xestión da cor no proceso de impresión da imaxe numérica.
OBXECTIVOS
Este libro tenta responder, entre outras, algunha das seguintes cuestións:
Cal foi e cal é o percorrido da imaxe en cor ao papel?
Como hai que empregar a xestión da cor para acadar os resultados desexados á hora de pasar a imaxe numérica a papel?
Que pode achegar ao noso traballo artístico?
Que problemas e que solucións atopamos no proceso…?
A necesidade dun estudo que actualice todo este complexo mundo da obtención de impresións en cor o máis precisas posible resulta pertinente e desexamos que sexa de utilidade para todas as persoas interesadas no manexo de dispositivos electrónicos de captación e impresión de imaxes dixitais.
ESTRUTURA DEL LIBRO
Primeiramente abordaremos a evolución dos procesos de reprodución da imaxe en cor, centrándonos na imaxe fotográfica como impulsora e aglutinadora dos cambios producidos na tecnoloxía aplicada a este proceso ao longo dos anos.
No segundo capítulo trataranse as características da cor e a súa xestión na imaxe numérica. Analizaranse conceptos básicos da xestión da cor, explicando as súas fases, elementos esenciais e como realizala.
O terceiro apartado deste libro dedícase a investigar os sistemas de impresión máis empregados e a aplicación práctica da xestión da cor no proceso artístico analizando a obra de 115 autores. Tamén se inclúen os resultados obtidos a través de entrevistas aos laboratorios de impresión artística en España.
Por último, tentaremos profundar nas causas dos problemas de terminoloxía de cara a describir a impresión artística con precisión. Seguidamente estableceremos unha relación entre a xestión da cor nos procesos fotoquímicos e nos procesos fotonuméricos.
Tamén se analizarán similitudes e diferenzas entre eles. Finalmente constataremos as posibilidades da xestión da cor na realización de proxectos coa imaxe fotonumérica, analizando as achegas da xestión da cor ao traballo artístico para optimizar os resultados.
ficha técnica
Autoría: Juan M. Adrio Fondevila e Kako Castro-Muñiz
Data da 1.ª edición: 2018
ISBN: 978-956-09151-0-8
Edición: (e)ikon Editorial. Fundación para el Estudio de la Imagen y la Visualidad Contemporáneas iViCON, Chile
Dimensións: 17 x 23 cm
Páxinas: 368
Impresión: cuadricromía e vernizado
Encadernación: rústica
Lingua: castelán