_(encuentros) de interacción gráfica
Originalidad en la cultura de la copia
_ materia
_ especialidade
encuentros de interacción gráfica
"(encuentros) de interacción gráfica. Originalidad en la cultura de la copia" nace da realización do ciclo de conferencias do mesmo nome, entre os días 14 e 16 de decembro de 2011 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
_ a autoría
Nesta publicación recóllense as intervencións dos investigadores e investigadoras principais do proxecto «Originalidad en la cultura de la copia», do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea da Universidade Autónoma de Ciudad Juárez (Chihuahua, México) e os e as integrantes do grupo dx5. Os investigadores e investigadoras principais do proxecto, Carles Méndez Llopis e Hortensia Mínguez García, directores do grupo de investigación CA Gráfica Contemporánea, foron convidados para impartir senllas conferencias na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. De maneira paralela a este evento, tivo lugar unha reunión de investigación entre os e as integrantes de ambos os equipos para avanzar en novas propostas e futuras colaboracións internacionais.
Esta publicación xorde para dar continuidade ás propostas expostas e ofrecer unha plataforma para ampliar os temas abordados nas sesións teóricas