the print factory

_ disciplinas

Gráfica contemporánea
Editorial

_desenvolvemento e execución

2012-2014

the print factory
Investigación e docencia: arquivo de obra gráfica contemporánea

Baixo o título de “The Print Factory” e desde a formación do grupo de investigación, veuse compilando unha selección das obras gráficas máis interesantes realizadas por alumnado de segundo e de terceiro ciclo da Facultade de Belas Artes.

_CONCEPTOS

_OBXECTIVO

O bxectivo deste gabinete de estampa contemporánea é documentar como a principal liña do grupo de investigación dx5, centrada na fusión de novas tecnoloxías e técnicas gráficas tradicionais, materializouse na transferencia destes resultados a través da súa aplicación na docencia, recollendo e mostrando os resultados obtidos tanto no ámbito técnico coma creativo, froito da aplicación da investigación á docencia no campo da gráfica na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Este proxecto de investigación incide profundamente nun valor de comunicación social, e na propia publicidade do labor investigador e didáctico do grupo dx5, a través de The Print Factory: un novo proxecto de difusión e innovación educativa no campo da gráfica contemporánea.

_THE PRINT FACTORY I

_THE PRINT FACTORY II

_CONCLUSIÓNS E EXPERIENCIA

Como resultado directo deste proxecto, viron a luz dúas publicacións do proxecto editorial “Print Factory”: "The Print factory 1" e "The Print factory II". O espazo do libro está centrado no libro de artista. A publicación recolle as mellores estampas incluídas neste arquivo e permite exportar e difundir o traballo realizado no ámbito internacional, á vez que se documenta a actividade e permite que se perpetúe esta dinámica de retroalimentación entre as brillantes promocións vindeiras.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies