Como resultado do proxecto de interacción gráfica «El pliego/Lle pli/A folder», publícase un libro de artista colectivo elaborado a partir da idea do seu módulo base: o prego, que reúne unha selección de 189 artistas, estudantes e profesorado vinculados a talleres e a grupos de investigación en arte gráfica e edición de 17 universidades e centros de formación de Europa, América e Asia.