Artista, doutora en Belas Artes e desde 2000 docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo.

Recibiu a súa formación académica na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-1995), School of Art and Design, Limerick, Irlanda (1994), École de Beaux Arts, Le Mans, Francia (1996-1997) e Facultad de Bellas Artes da Universidad de Salamanca (1997-1998).

Desenvolve a súa actividade artística expondo en mostras individuais e colectivas, foi seleccionada en numerosos certames e bienais e participou en ferias de arte nacionais e internacionais. A súa obra está representada en coleccións privadas, de institucións e de museos. O seu traballo artístico é recoñecido con numerosos premios e bolsas entre os que destacan, entre outros, o Premio de Pintura Francisco de Goya, Villa de Madrid (1996), O primeiro premio de Pintura L’Oreal (2000), a Bolsa Novos Valores (1994), a Beca Máster Fundación Caixa Galicia (1996) e a Beca Fundación Pollock-Krasner (2001).

É autora de numerosos textos e artigos, pronunciou conferencias en museos e centros de arte, e participou en congresos de diferentes universidades. O seu labor investigador foi recoñecido co Premio á investigación da Deputación Provincial de Pontevedra 2009 e o Premio extraordinario de tese 2008-2009 da Universidade de Vigo.

Entre os seus libros publicados encóntranse Lo que la pintura no es, Colección Arte & Estética, Deputación Provincial de Pontevedra, 2001; Pintura Site, Ed. Dardo, 2014; e Arte+Pintura, ed. con María Luisa Sobrino, Consello da Cultura Galega, 2015.

Incorpórase ao grupo dx5 en 2019.

Esta web usa cookies. Si continúas navegando estás dando su consentimiento para la aceptación de esas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies